Dende o equipo de convivencia con motivo da celebración do día dos “Dereitos da infancia” e o “Día internacional contra a violencia machista” , leváronse a cabo distintas actividades no centro.
Ao longo da semana traballáronse os dereitos da infancia por tirorías e ao rematar fixemos un mural que colocamos na entrada do colexio.
O luns día 21 fomos convidados dende o CIM do concello de Viana do Bolo á representación da obra “Roedores” na casa da cultura. A temática de dita obra era fomentar a igualdade.
A asistencia foi de todo o colexio dende infantil ata sexto de primaria.
Aquí tedes algunhas fotos das distintas actividades levadas a cabo.
Galería.
No hay comentarios:
Publicar un comentario