lunes, 2 de septiembre de 2024

BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2024 - 25

 Estimadas familias:

Comezamos un novo curso escolar con moita ilusión e co desexo de que todo se desenvolva coa maior normalidade posible. Temos a seguridade de que coa colaboración familia-escola todo vai saír ben. Dende o centro seguiremos poñendo todos os medios e esforzos posibles para garantir que os vosos fillos e fillas teñan o entorno máis seguro posible para o exercicio do seu dereito á educación.

O alumnado incorporarase ás aulas o vindeiro mércores, día 11 de setembro, tal e como se recolle na Orde do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.


O horario de entrada o día 11 será o seguinte:

3 anos: (horario de adaptación)

09:15h - 09:30h: Infantil 4 e 5 anos

09:30h - 09:45h: 1º e 2º Curso

09:45h - 10:00h: 3º e 4º Curso

10:00h - 10:15h: 5º e 6º Curso


O alumnado transportado e o alumnado de comedor poden facer uso de ámbolos dous servizos dende o primeiro día. 


NOTA RECORDATORIA: Lembren que está aberto o prazo para solicitar a colaboración no comedor escolar.


Un afectuoso saúdo.

viernes, 28 de junio de 2024

FIN DE CURSO 2023-24

                             Chegamos a final de curso! 

 Para celebralo quixemos facelo cunha xornada lúdica e festiva.

Unha vez máis o equipo de Pinchacarneira axudou a que este remate fose especial.

                                  Bo verán!! Ata o vindeiro curso 2024-25!!

           As clases darán comezo o mércores, día 11 de setembro.




OS NOSOS GRADUADOS/AS

Un ano máis dúas xeracións celebraron o seu  acto de graduación no que foron os auténticos protagonistas.                                 

                          Moitos parabéns polos logros acadados!!




lunes, 17 de junio de 2024

Viaxe a Madrid de 3º e 4º de Primaria

 Partimos do cole coa ilusión de vivir unha aventura máxica. 

Chegou o momento onde a maxia se fixo realidade, o Musical de Aladín transportándonos a un mundo de soños e aventuras. 
 Despois, o Museo das Ilusións, as nosas mentes marabilláronse con trucos e efectos que nos parecían imposibles. Finalmente, no Museo da Aeronáutica e Astronomía descubrimos como os soños poden levarnos ata as estrelas.

MAXIA, ILUSIÓN e VOAR, uníronse para regalarnos esta bonita experiencia.
                                                        
                                         Alumnos/as de 3º e 4º de E.P.



miércoles, 12 de junio de 2024

XORNADA DE CONVIVENCIA NA VEIGA

 O alumnado de Educación Infantil desfrutou onte dunha xornada de convivencia en A Veiga á que, ademais do colexio anfitrión, tamén se sumaba o de Vilariño de Conso.

A primeira hora realizaron a ruta da Cántara da Moura, un paseo ben bonito no que ao final do mesmo quedaron sorprendidos coa historia da lenda do lugar. De camiño ao mirador aprenderon moitas cousas sobre o importantes que son as abellas, e ata poideron degustar o delicioso mel que se fai nesta zona.

A segunda parte da excursión levouse a cabo en O Coiñedo, un lugar ben fermoso onde participaron en diferentes xogos para rematar compartindo un delicioso xantar.

Moitas grazas ao colexio de A Veiga por convidarnos e facer que os nosos nenos e nenas disfrutaran dun día diferente nun entorno espectacular.

                                                                                Preme na imaxe




viernes, 7 de junio de 2024

OBRADOIRO DE HIXIENE BUCODENTAL

 Rematamos a semana  cunha actividade proposta pola nosa ANPA, uns obradoiros de hixiene bucodental nos que participaron todo o alumnado do centro.

Grazas á ANPA do CEIP Bibei por traernos actividades tan interesantes, e a Cristina, que coma sempre, fai que o noso alumnado, ademais de aprender, disfrute nos seus obradoiros.




PREMIO "¿QUÉ ES UN REY PARA TI?"

 No día de hoxe acudimos a Santiago de Compostela á recollida de premios da 43 edición do Concurso anual "¿Qué es un rey para ti?".

A alumna agraciada foi Aurora Margarita Montesinos Fúnez, de 5º de Educación Primaria, que participou cun traballo dixital moi orixinal sobre a figura do rei e a súa familia.

Parabéns, Aurora!

Agradecer e felicitar ao resto do alumnado de 5º e 6º polo seu esforzo e participación no concurso.