miércoles, 20 de diciembre de 2023

CONCERTO NADAL 2023

Hoxe no CEIP Bibei vivimos unha xornada festiva. A mestura de nervios, entusiasmo e emoción fixo que os nosos nenos e nenas sacaran o mellor deles.

 Noraboa a todos e todas, porque dende os máis pequeniños ata os maiores demostraron, unha vez máis, que en cada un deles hai un gran artista.

Agradecervos a todas as familias a vosa colaboración.

Deixámosvos aquí os vídeos  das diferentes actuacións e unha  galería de fotos

                              3 ANOS

                                                                                    

                                  4 ANOS

                 
                       5 ANOS

    
                                   
                                  1º CURSO
    

                                  2º CURSO

                                                                      
                                  3º CURSO
                                          

                                    4º CURSO                      
                              



                                    5º CURSO

                                                                            
                                  6º CURSO



                                         Vémonos o vindeiro 8 de xaneiro!

martes, 19 de diciembre de 2023

I RUTA CICLOTURISTA "DEBUXANDO SORRISOS"

Hoxe o alumnado de primaria e algún de infantil participaba na I Ruta Cicloturista "Debuxando Sorrisos", que trancurría dende o cruce de Edroso ata o CEIP Bibei (Actividade enmarcada dentro do Programa de Voluntariado-Solidario do CEIP Bibei). 
 Durante o percorrido o alumnado repartíu uns lápices solidarios, colaborando deste xeito coa ONG Fundación Aladina. A proposta da ONG elexida coa que colaborar partíu dos propios cativos e cativas. 
 A inscrición voluntaria ao evento consistíu en aportar alimentos ou xoguetes que foron recollidos no centro e que se farán chegar ás persoas que máis o precisen nestas datas tan sinaladas.
 Parabéns a toda a comunidade educativa participante!! 
 PORQUE A META É A SOLIDARIEDADE!!






viernes, 15 de diciembre de 2023

SAÍDA A XINZO DO ALUMNADO DE 5º E 6º

 Esta semana o alumnado do 3º Ciclo da Educación Primaria  realizou unha saída a Xinzo da Limia para asistir a unha sesión de cinema, tamén aproveitaron para visitar o Museo do Entroido.




miércoles, 6 de diciembre de 2023

CONCURSO CONSTITUCIÓN

 No día de hoxe acudimos ao auditorio de Ourense á recollida de premios da edición XXXIX Concurso anual sobre a Constitución Española.

A alumna agraciada foi Sara Fernández Basalo de 5º de primaria cun deseño moi orixinal sobre os artigos da Constitución.

Parabéns, Sara!! 

Agradecer ao resto do alumnado de 5º e 6º polo seu esforzo e  participación no concurso.






martes, 28 de noviembre de 2023

CHARLAS SOGAMA

 Hoxe no CEIP Bibei, dende a coordinación do Club de Ciencia, tiveron lugar unhas charlas sobre reciclaxe, impartidas por un representante de SOGAMA a todo o alumnado de primaria. 

Estas charlas forman parte dun programa gratuito que leva a cabo SOGAMA nos colexios de Galicia co gallo de concienciar ao alumnado sobre como reciclar para conseguir  unha maior sostentibilidade. 




lunes, 27 de noviembre de 2023

TALLERES: "PINTÁMOLO PATIO"

 O alumnado de 1º Ciclo foi o encargado de pechar as actividades relacionadas coas conmemoracións do 20N e 25N.

Da man de Outonía leváronse a cabo uns talleres co título "Pintámolo patio", que consistiron nunha proposta de diagnóstico do patio en chave coeducativa e participativa co alumnado.

O noso agradecemento a Araceli polo seu bo facer, e á ANPA por achegarnos, unha vez máis, esta actividade tan enriquecedora.



jueves, 23 de noviembre de 2023

O CEIP BIBEI NAVEGA POLA IGUALDADE

 Seguindo coas actividades propostas dende a ANPA para conmemorar o Día Universal da Infancia e do 25N, hoxe contamos con Susana de Pinchacarneira que levou a cabo talleres co alumnado de Educación Infantil.

Co lema "O Bibei navega pola igualdade" e a través de distintos contos, o noso alumnado traballou a igualdade de xénero, a cooperación, a empatía e o respecto, entre outros valores.

O noso agradecemento a Susana polo seu traballo e bo facer e á ANPA do CEIP Bibei por achegarnos unha vez máis actividades tan enriquecedoras para os nosos nenos e nenas.






miércoles, 22 de noviembre de 2023

XORNADAS DE EDUCACIÓN SEXUAL

 Ao longo desta semana estamos levando a cabo no centro diversas actividades para conmemorar o Día Universal da Infancia (20 de novembro), e o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero (25 de novembro).

Este luns e martes tivemos a sorte de contar con Noelia Moreau Castro (Graduada en Educación Social pola USC, Máster oficial en sexoloxía, educación sexual e asesoramento sexolóxico pola UCJC, axente de igualdade de xénero pola UEMC), que estivo desenvolvendo diversas actividades co alumnado de segundo e terceiro ciclo.

O martes pola tarde tamén se levaba a cabo unha charla na biblioteca do centro, impartidada tamén por Noelia, dirixida ás familias, e coa que igualmente os asistentes quedamos encantados.

Agradecerlle a Noelia a cercanía e claridade nas súas explicacións que deixaron ao alumnado con ganas de repetir; e moitas grazas á ANPA do CEIP Bibei por colaborar co centro e organizar este tipo de actividades tan enriquecedorar para o noso alumnado e o conxunto da comunidade educativa.







viernes, 17 de noviembre de 2023

BIBEISOL: Programa de Voluntariado-Solidario do CEIP Bibei

 Como outros anos dende o CEIP Bibei desenvolvemos un programa centrado en accións solidarias que tratan de axudar dentro das nosas posibilidades ós demais.

O ano pasado, o noso alumnado recadou coa XIII Carreira Solidaria do CEIP Bibei a cifra récord de 1300 euros.

                                                        PARABÉNS!

A primeira actividade que queremos organizar este curso é o reparto deste diñeiro. Por iso, se coñecedes algunha ONG/Asociación coa que queres que colaboremos fáinolo saber.

                                    

                                 PORQUE A META É A SOLIDARIEDADE!




viernes, 10 de noviembre de 2023

MAGOSTO 23-24

Este ano a choiva non nos deixou subir ao campo de fútbol para celebrar o Magosto coma outros anos, pero festexámolo igual no cole. 

Degustamos o típico menú de bolo preñado, empanada e froita para rematar cuns ricos bullotes asados. 

E algúns dos nenos e nenas que nos recreos tocan a pandeireta ofrecéronnos un concerto para amenizarnos o xantar.




viernes, 3 de noviembre de 2023

O SAMAÍN 23-24

 Un ano máis celebramos o Samaín no cole con diferentes actividades coas que pasamos unha xornada moi divertida.

O luns o alumnado traía ao cole as súas cabazas terroríficamente impresionantes!! Unhas verdadeiras obras de arte!

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística organizou diferentes actividades nos días previos, e para o martes 31 preparáronnos uns  divertidos obradoiros.

Dende Bibliobibei organizaron unhas sesións de contacontos nas que os maiores do cole lle achegaron a aventura de ler aos máis pequenos.

E na Área de Música e Danza creouse unha coreografía para a canción "Samaín" de Mamá Cabra, que bailamos todos xuntos no patio.

Como podedes ver, tivemos unha xornada moi entretida! Aquí vos deixamos unha mostra dela cunhas fotiños e un vídeo do baile.

                                                        Preme na imaxe 


                                                       Preme na imaxe.



martes, 31 de octubre de 2023

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS

 Na tarde de onte tivemos a sorte de contar cun equipo de tres persoas da Cruz Vermella que nos impartiron un Obradoiro de Primeiros Auxilios dirixido a familias e docentes.

Estivo moi interesante todo o que nos ensinaron.

Moitas grazas, Naty, por estar sempre disposta a colaborar con nós e ofrecernos cousas tan interesantes.






jueves, 28 de septiembre de 2023

VISITA NO IES DA EXPOSICIÓN "AS MULLERES NA CIENCIA"

 Esta semana o alumnado do 3º ciclo de primaria realizou unha saída ao IES Carlos Casares de Viana para visitar a exposición "As mulleres na ciencia" e realizar prácticas no laboratorio.

O noso agradecemento ao profesorado do IES por convidarnos e facer que o noso alumnado desfrutara experimentando coa ciencia.




martes, 5 de septiembre de 2023

BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO 2023-24

 Estimadas familias:

Comezamos un novo curso escolar con moita ilusión, e co desexo de que todo se desenvolva coa maior normalidade posible. Temos a seguridade de que coa colaboración familia-escola todo vai saír ben. Dende o centro seguiremos poñendo todos os medios e esforzos posibles para garantir que os vosos fillos e fillas teñan o entorno máis seguro posible para o exercicio do seu dereito á educación.


O alumnado incorporarase ás aulas o vindeiro luns, día 11 de setembro, tal e como se recolle na Orde do 3 de maio de 2023 polo que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.


O horario de entrada o día 11 será o seguinte:

  • 3 anos (horario de adaptación)
  • 09:15h -09-30h :Infantil 4 e 5 anos.
  • 09:30h - 09:45h : 1º e 2º Curso
  • 09:45h - 10:00h : 3º e 4º Curso
  • 10:00h - 10:15h: 5º e 6º Curso


O alumnado transportado pode facer uso do mesmo dende o primeiro día.

NOTA RECORDATORIA: Lembren que segue aberto o prazo para solicitar a colaboración no comedor escolar ata o 8 de setembro.


Un afectuoso saúdo.


viernes, 30 de junio de 2023

XIII CARREIRA SOLIDARIA CEIP BIBEI-VIANA

 Xa como remate de curso, só nos queda felicitar ao noso alumnado polo gran traballo feito cos petos solidarios, nos que xuntaron a incrible cantidade de:

                              1300 Euros RECORD ABSOLUTO DE RECADACIÓN!!!

                

Parabéns a todo o alumnado, sodes o noso orgullo!!!!! Boas vacacións!!!       





viernes, 23 de junio de 2023

FIN DE CURSO 2022-2023

E chegou o fin do curso escolar 2022-2023, que celebramos con distintas actividades tales como as graduacións de 6º curso de infantil e 6º curso de primaria, festas nas aulas e xogos na piscina municipal. 

Ata o vindeiro curso 2023-2024!!