jueves, 30 de junio de 2022

ACTIVIDADES FIN DE CURSO

 Coma tódolos anos, o mes de xuño estivo cargadiño de actividades. Aquí vos deixamos as últimas, nas que os nosos nenos e nenas disfrutaron  a tope!!

Este ano conseguimos de novo sobrepasar os  1.000euros de racaudación. Acadamos os 1.035 EUROS!!

Noraboa a todos e todas que o fixestes posible!!



O alumnado de 4º, 5º e 6º realizou a IV Ruta MTB co percorrido alto de Penouta-Viana. 



O día 22 rematabamos o curso escolar cunha xornada de xogos no pavillón de deportes. Foi unha boa despedida de curso onde os nosos nenos e nenas o pasaron XENIAAALLL!!!

O noso agradecemento a Pinchacarneira por facer posible a xornada e pola súa colaboración sempre.




                             BO VERÁN!!

jueves, 23 de junio de 2022

OS NOSOS GRADUADOS DE 6º EDUCACIÓN INFANTIL

 Noraboa aos nenos e nenas de 6º de Educación Infantil que o vindeiro curso iniciarán a Etapa de Primaria.

Así de guapísimos e guapísimas estaban na súa graduación!!!



O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA DESPÍDESE DO CEIP BIBEI!

 O pasado 16 de xuño o alumnado de sexto do CEIP BIBEI celebraron a súa graduación. Foi un día moi especial para eles, para os mestres e familias, porque despois de 9 anos marchan do colexio. O acto estivo moi emotivo, entrañable e divertido. Houbo momentos  de ledicia e festa, pero tamén de nostalxia, lembrando todo o que vivimos estes anos e sabendo que esta etapa educativa rematou.

Desexámoslle a todos un futuro cheo de éxitos e aprendizaxe. Este cole terá sempre as portas abertas para vós, que voltedes  para contarnos  que estades a cumprir os vosos soños...Voade alt , queridos estudantes e nunca deixedes de aprender!

Aquí vos deixamos  un álbum de fotos  con algunhas imaxes destes momentos.



lunes, 13 de junio de 2022

Excursión Corax Fauna-Aquarium de A Coruña

 O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria realizou unha saída a Corax Fauna de Paderne (Betanzos) e ao Aquarium de A Coruña.

Aínda que o tempo non acompañou pola mañá, os cativos e cativas desfrutaron moito durante toda a xornada.