Hoxe no CEIP Bibei vivimos unha xornada festiva. A mestura de nervios, entusiasmo e emoción fixo que os nosos nenos e nenas sacaran o mellor deles.
Noraboa a todos e todas, porque dende os máis pequeniños ata os maiores demostraron, unha vez máis, que en cada un deles hai un gran artista.
Agradecervos a todas as familias a vosa colaboración.
Deixámosvos aquí os vídeos das diferentes actuacións e unha galería de fotos.