miércoles, 30 de junio de 2021

ACTIVIDADES FIN DE CURSO

   Este ano, tan distinto aos outros, no CEIP BIBEI, celebramos o fin de curso con diferentes actividades.

   Comezamos o día 11 de xuño coa  Carreira Solidaria. Este ano superamos o récord!! Tivemos unha  recaudación de 1.107,47 EUROS!!!  Noraboa ás familias e a todos os que o fixestes posible!!

A recaudación deste ano repartirase entre as asociacións Save The Children e Dca Ourense Renacer .


Continuamos coas celebracións... O día 21, o alumnado de Educación Infantil realizaba diferentes actividades lúdicas no cole organizadas por Pinchacarneira, xa que a climatoloxía non permitíu levalas a cabo na área das piscinas municipais, que era onde nun principio estaba previsto. PASÁRONO XENIAAAALLLL!!!

Mentres o alumnado de infantil se divertía no centro, os nenos de 4º, 5º e 6º realizaron a III Ruta MTB co percorrido: alto de Penouta-Viana.




O día 22 rematamos coas actividades do alumnado de Primaria no pavillón de deportes, que ao igual que os de infantil no día anterior, PASÁRONO SUUUUPER XENIAAAALLL!!!

Agradecer a Pinchacarneira a organización destas actividades e a súa colaboración co CEIP BIBEI sempre.



martes, 15 de junio de 2021

XI CARREIRA SOLIDARIA

O venres día 11 de xuño celebramos a XI Carreira Solidaria no centro, organizada desde o Programa Xogade e dentro do Plan Proxecta.  Este día sírvenos como xornada de convivencia coas familias, aínda que este ano non puidemos contar soa súa presenza seguindo o Protocolo da adaptación á situación Covid 19 no centro. Todos os alumnos e alumnas do centro... uns auténticos deportistas. Un agradecemento especial ao profesor de Educación Física, Pepe, que organizou con éxito o evento.

 Preme na imaxe e veredes unha mostra de fotos para lembrar ese día.


Fai click no enlace para ver o vídeo.

ENLACE AO VÍDEO

jueves, 3 de junio de 2021

Letras Galegas 2021

 Este ano a autora homenaxeada no día das Letras Galegas foi Xela Arias Castaño. No centro tamén quixemos festexar as Nosas Letras con diferentes actividades levadas a cabo durante "A Semana das Nosas Letras": proxección de filmes na nosa lingua, realización de murais e decoración de corredores, cancións e coreografías, maratóns de lectura e  sesións nas que o alumnado de 5º e 6º lle leu  aos máis pequenos os Contos ao teléfono de Gianni Rodari traducidos por Xela Arias.

Este vídeo é un pequeno resumo de como vivimos eses días. Agardamos que vos guste!