miércoles, 21 de marzo de 2018

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA





O Mércores 21 de Marzo realizouse no Ceip Bibei o Proxecto “Ponlle as pilas ao teu bocata”. Este pretende dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas do mar, incidindo así en hábitos de consumo alimentarios saudables.
Ter unha dieta rica e equilibrada é fundamental para crecer. Levar unha alimentación adecuada, completa e variada dá a enerxía necesaria para facer o que máis lles guste durante o día.

As especies mariñas en conserva, xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais, cereais, lácteos… servironlles para elaborar os seus propios bocatas! Experimentaron con todas as combinacións que se lle ocorreron, e gozaron de infinidade de sabores que lles achegaron todos os beneficios enerxéticos que necesitan para crecer sans e fortes!



   
                                                             Preme na imaxe




viernes, 16 de marzo de 2018

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR





O día 16 de Marzo levouse a cabo no Ceip Bibei o proxecto “O sabor da aventura está no mar”. O Obxectivo desta campaña centrouse en lle transmitir ao alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria a importancia do peixe e o marisco na dieta, en relación coas súas achegas nutritivas, e fomentar o seu consumo. Ademais afondaron no coñecemento das especies e o papel das persoas consumidoras á hora de preservar os recursos do mar e na posta en valor das profesións do mar.





Preme na imaxe para ver máis.         

miércoles, 14 de marzo de 2018

Obradoiro Educación Infantil

 


                          Divertíndonos no obradoiro do mércores. Pintando sen mans!!!

                           

                         Preme na imaxe para ver máis.