viernes, 12 de mayo de 2023

APRENDENDO SOBRE AGRICULTURA ECOLÓXICA

 Esta semana o alumnado de 5º e 6º asistíu a unha ponencia  sobre agricultura ecolóxica e industrializada.

     Tivemos a sorte de contar  con Secundino Fernández Fernández, Xefe da Sección OAC de Viana do Bolo, e dous produtores ecolóxicos locais: Nieves Fernández Vidueira, gandeira ovina ecolóxica, e Xulio Vizcaya Somoza, apicultor ecolóxico; que ademais de explicarlles as diferencias entre os dous tipos de agricultura souberon transmitirlles o amor, o  orgullo e o respecto  pola terra. Moitas grazas aos tres.

Esta actividade é previa á participación deste alumnado no Proxecto aprobado polo Ministerio de Educación en colaboración co Centro de Educación Ambiental en Viérnoles (Cantabria), que terá lugar a semana do 22 ao 26 de maio, no que poderán levar a cabo unha gran variedade de actividades. E onde compartirán experiencia co CEIP Maestra Teodora de Marchamalo, Guadalaxara.





viernes, 5 de mayo de 2023

COMIDA 50 ANIVERSARIO CEIP BIBEI


 

Animádevos! Se es antigo alumno ou alumna; ou pertences á comunidade educativa do CEIP Bibei, reserva xa a túa praza. Se queres podes traer un acompañante.