martes, 28 de noviembre de 2023

CHARLAS SOGAMA

 Hoxe no CEIP Bibei, dende a coordinación do Club de Ciencia, tiveron lugar unhas charlas sobre reciclaxe, impartidas por un representante de SOGAMA a todo o alumnado de primaria. 

Estas charlas forman parte dun programa gratuito que leva a cabo SOGAMA nos colexios de Galicia co gallo de concienciar ao alumnado sobre como reciclar para conseguir  unha maior sostentibilidade. 




lunes, 27 de noviembre de 2023

TALLERES: "PINTÁMOLO PATIO"

 O alumnado de 1º Ciclo foi o encargado de pechar as actividades relacionadas coas conmemoracións do 20N e 25N.

Da man de Outonía leváronse a cabo uns talleres co título "Pintámolo patio", que consistiron nunha proposta de diagnóstico do patio en chave coeducativa e participativa co alumnado.

O noso agradecemento a Araceli polo seu bo facer, e á ANPA por achegarnos, unha vez máis, esta actividade tan enriquecedora.



jueves, 23 de noviembre de 2023

O CEIP BIBEI NAVEGA POLA IGUALDADE

 Seguindo coas actividades propostas dende a ANPA para conmemorar o Día Universal da Infancia e do 25N, hoxe contamos con Susana de Pinchacarneira que levou a cabo talleres co alumnado de Educación Infantil.

Co lema "O Bibei navega pola igualdade" e a través de distintos contos, o noso alumnado traballou a igualdade de xénero, a cooperación, a empatía e o respecto, entre outros valores.

O noso agradecemento a Susana polo seu traballo e bo facer e á ANPA do CEIP Bibei por achegarnos unha vez máis actividades tan enriquecedoras para os nosos nenos e nenas.






miércoles, 22 de noviembre de 2023

XORNADAS DE EDUCACIÓN SEXUAL

 Ao longo desta semana estamos levando a cabo no centro diversas actividades para conmemorar o Día Universal da Infancia (20 de novembro), e o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero (25 de novembro).

Este luns e martes tivemos a sorte de contar con Noelia Moreau Castro (Graduada en Educación Social pola USC, Máster oficial en sexoloxía, educación sexual e asesoramento sexolóxico pola UCJC, axente de igualdade de xénero pola UEMC), que estivo desenvolvendo diversas actividades co alumnado de segundo e terceiro ciclo.

O martes pola tarde tamén se levaba a cabo unha charla na biblioteca do centro, impartidada tamén por Noelia, dirixida ás familias, e coa que igualmente os asistentes quedamos encantados.

Agradecerlle a Noelia a cercanía e claridade nas súas explicacións que deixaron ao alumnado con ganas de repetir; e moitas grazas á ANPA do CEIP Bibei por colaborar co centro e organizar este tipo de actividades tan enriquecedorar para o noso alumnado e o conxunto da comunidade educativa.







viernes, 17 de noviembre de 2023

BIBEISOL: Programa de Voluntariado-Solidario do CEIP Bibei

 Como outros anos dende o CEIP Bibei desenvolvemos un programa centrado en accións solidarias que tratan de axudar dentro das nosas posibilidades ós demais.

O ano pasado, o noso alumnado recadou coa XIII Carreira Solidaria do CEIP Bibei a cifra récord de 1300 euros.

                                                        PARABÉNS!

A primeira actividade que queremos organizar este curso é o reparto deste diñeiro. Por iso, se coñecedes algunha ONG/Asociación coa que queres que colaboremos fáinolo saber.

                                    

                                 PORQUE A META É A SOLIDARIEDADE!




viernes, 10 de noviembre de 2023

MAGOSTO 23-24

Este ano a choiva non nos deixou subir ao campo de fútbol para celebrar o Magosto coma outros anos, pero festexámolo igual no cole. 

Degustamos o típico menú de bolo preñado, empanada e froita para rematar cuns ricos bullotes asados. 

E algúns dos nenos e nenas que nos recreos tocan a pandeireta ofrecéronnos un concerto para amenizarnos o xantar.




viernes, 3 de noviembre de 2023

O SAMAÍN 23-24

 Un ano máis celebramos o Samaín no cole con diferentes actividades coas que pasamos unha xornada moi divertida.

O luns o alumnado traía ao cole as súas cabazas terroríficamente impresionantes!! Unhas verdadeiras obras de arte!

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística organizou diferentes actividades nos días previos, e para o martes 31 preparáronnos uns  divertidos obradoiros.

Dende Bibliobibei organizaron unhas sesións de contacontos nas que os maiores do cole lle achegaron a aventura de ler aos máis pequenos.

E na Área de Música e Danza creouse unha coreografía para a canción "Samaín" de Mamá Cabra, que bailamos todos xuntos no patio.

Como podedes ver, tivemos unha xornada moi entretida! Aquí vos deixamos unha mostra dela cunhas fotiños e un vídeo do baile.

                                                        Preme na imaxe 


                                                       Preme na imaxe.