Hoxe o alumnado de 5º e 6º de primaria asistía a unha charla do Plan Navega con Rumbo.
Deste xeito, o alumnado recibía recomendacións de como navegar con seguridade pola rede, evitar o ciberacoso e outros riscos da Internet.
Hoxe o alumnado de 5º e 6º de primaria asistía a unha charla do Plan Navega con Rumbo.
Deste xeito, o alumnado recibía recomendacións de como navegar con seguridade pola rede, evitar o ciberacoso e outros riscos da Internet.
Hoxe o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º desfrutou dunha charla sobre a vida nos ríos galegos, o río Sil, enmarcada dentro do programa Proxecta "Naturézate" no que participa o centro.
Hoxe o alumnado de 4º, 5º e 6º desfrutaron coa Compañía "Polo correo do vento" da biografía de Luisa Villalta (homenaxeada nas Letras Galegas 2024), acompañados ademáis pola ilustradora Tania Solla, coa que aprenderon a facer un retrato da autora.
Esta actividade está inmersa no Programa Proxecta "Donas de sí" no que participa o noso centro este curso.
Moitas grazas a Quique e a Tania polo seu traballo.
Onte desfrutamos no CEIP Bibei dunha Xornada de Educación Vial na que tamén nos acompañaron os colexios da Veiga e de Vilariño de Conso.
O programa impulsado pola Deputación Provincial de Ourense acercounos ata o centro diferentes servizos: Garda Civil de Tráfico, Policía Local, Servizo Sanitario do 061, Protección Civil, os GES da Veiga e A cruz Vermella. Todos eles transmitíronnos coñecementos, habilidades e valores que son fundamentais para a seguridade e o benestar na vía pública, así como para a creación dunha cultura vial máis segura e respetuosa na sociedade en xeral.
Moitas grazas a todos eles, así coma o Concello de Viana do Bolo pola súa implicación.
Preme na imaxe
Con motivo do Día Internacional da Muller tivemos no CEIP Bibei unha xornada moi especial na que se levaron a cabo dous obradoiros.
O alumnado de 5º e 6º participou no escape room "Estrelas". Unha experiencia de escapismo onde algunhas das mulleres máis apaixoantes da historia foron as protagonistas (Isabel Zendal, Ada Lovelace, Agatha Christie, Nefertiti...)
Pola súa parte, o alumnado dende Educación Infantil ata 4º de Educación Primaria desfrutou da obra de teatro "O Ratiño Presumido", que lle dá unha volta ao conto tradicional "A Ratiña Presumida", desterrando todo tipo de estereotipos de xénero.
Moitas grazas ao CIM, que coma sempre todas as actividades que propón son un acerto.
Deixámosvos o fantástico traballo co que o alumnado de 6º de Primaria acaba de participar no Certame Enreguéifate 2023-24.
Noraboa a todos e todas!