Rematamos este primeiro trimestre do curso escolar 2020/2021, un curso diferente pero non por iso menos motivador e gratificante. Nestas datas do Nadal quixemos manter a tradición do Festival no colexio, aínda que de forma diferente. Aquí tedes unhas mostras do traballo dos nosos alumnos e alumnas e así desexarvos unhas Felices Festas e un Bo Ano Novo 2021. Grazas a todos pola vosa colaboración e implicación, que fixo posible chegar con éxito ata este momento.
O claustro de mestres e mestras.