miércoles, 29 de noviembre de 2017

A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR


Con motivo da conmemoración do día dos "Dereitos da infancia" e o "Día internacional contra a violencia de xénero", leváronse a cabo distintas actividades no centro. O xoves día 23 fomos convidados dende o CIM do concello de Viana do Bolo á representación da obra "A nena que quería navegar" na casa da cultura. Trátase dunha comedia na que a través de técnicas de reforzo positivo téntase mellorar a autoestima dos nenos e nenas ante unha situación de acoso escolar. Á representación da obra acudiron os nenos e nenas de primaria e os nenos e nenas de primeiro da ESO do instituto.








lunes, 27 de noviembre de 2017

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


   Os alumnos e alumnas de Educación Infantil contribuímos a fomentar a igualdade entre nenos e nenas e censurar a violencia de xénero coa elaboración dun mural na que participamos todos/as.


                                       

martes, 14 de noviembre de 2017

PLAN DIRECTOR



O luns, 20 de novembro terán lugar unhas charlas informativas polo Plan Director, no que se tratarán os temas: acoso escolar  e risco en internet
 Pola mañá estarán dirixidas ao alumnado de 5º e 6º .
Pola tarde, ás 17:00h  na biblioteca do CEIP BIBEI terá lugar a charla dirixida a profesorado e familias. 
Rógase a súa asistencia pola importancia dos temas a tratar.

Par máis información consultar o seguinte enlace: Plan director.

domingo, 12 de noviembre de 2017

Samaín Ceip Bibei 2017



      

O pasado 31 de outubro festexamos o Samaín no noso cole cunha morea de actividades. Nada máis entrarno colexio déronnos os bos días unha morea de cabazas que os nenos e nenas prepararon coas súas familias  con moito agarimo. 
O colexio estaba espectacular!, daba terror pasar polos corredores porque te podías atopar con pantasmas ou enredarte nalgunha tea de araña.
            Os máis pequenos tiveron oportunidade de asistir a unha sesión de contacontos representada polos maiores. Tamén descubrimos as nosas dotes culinarias e artísticas en dous talleres elaborando comidas terroríficaaas e monstruos que metían meeeedooo. E, como non hai festa sen baile…, todo o cole bailamos e cantamos unha popular canción do Samaín: “Tumba, tumba”, eso sí, coa nosa propia versión. Para rematar a xornada,
nada mellor que un  terrorífico desfile onde fixeron a súa aparición gatos negros, pantasmas, esqueletes…


Moitísimas grazas a todos e todas pola vosa colaboración e entusiasmo.



viernes, 10 de noviembre de 2017

TODOS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA



Todos contra a violencia machista.

O día 25 de novembro é o día  internacional contra a violencia machista. O alumnado de primaria do  CEIP  Bibei  participará o día 23 na  actividade organizada  polo Concello na Casa da Cultura, a representación teatral “A nena que quería navegar”.


Agradecemos o convite do Concello.

miércoles, 8 de noviembre de 2017

CONCURSO



                     COLABORA COA TÚA  FAMILIA, DESEÑA UN LOGO PARA O
                                                      NOSO COLE!!!

                     CONSULTA AS BASES