viernes, 30 de junio de 2023

XIII CARREIRA SOLIDARIA CEIP BIBEI-VIANA

 Xa como remate de curso, só nos queda felicitar ao noso alumnado polo gran traballo feito cos petos solidarios, nos que xuntaron a incrible cantidade de:

                              1300 Euros RECORD ABSOLUTO DE RECADACIÓN!!!

                

Parabéns a todo o alumnado, sodes o noso orgullo!!!!! Boas vacacións!!!       





viernes, 23 de junio de 2023

FIN DE CURSO 2022-2023

E chegou o fin do curso escolar 2022-2023, que celebramos con distintas actividades tales como as graduacións de 6º curso de infantil e 6º curso de primaria, festas nas aulas e xogos na piscina municipal. 

Ata o vindeiro curso 2023-2024!!




















domingo, 18 de junio de 2023

V RUTA MTB PENOUTA VIANA - 50 ANIVERSARIO

Outro ano máis arredor de 50 ciclistas e as súas 50 bikes completaron o percorrido da ruta MTB-CEIP BIBEI, que este ano adicabamos ao 50 ANIVERSARIO do noso centro.

    Máis de 50 localizacións do noso concello foron visitadas polo alumnado do cole e as súas familias, que este ano participaban por primeira vez para celebrar tan importante efeméride.

    Rematar agradecendo a todas aquelas persoas que coa súa colaboración fan posible este educativo e divertido evento: Concello de Viana do Bolo, Garda Civil, Policía Local, Protección Civil, Autos Bibei, Distribucións Novoas, Carpintería Carviana, Electricidade Jorge García e a tódalas familias e alumnado da nosa comunidade...

POR OUTROS 50 MAIS... QUE VIVA O CEIP BIBEI!!



viernes, 16 de junio de 2023

ENSAMBLE DE GUITARRAS

 Esta semana, no CEIP Bibei tivemos a sorte de desfrutar dun concerto a cargo do grupo de guitarras da Escola Municipal de Música do Concello de Viana do Bolo. 

O noso agradecemento a todos e todas, especialmente aos seus profesores, Rubén e Alex.



viernes, 9 de junio de 2023

50 ANIVERSARIO CEIP BIBEI

 Ao longo deste curso escolar 2022-23 celebramos o 50 Aniversario do CEIP Bibei, que empezou o seu funcionamento no curso 1972-73, coa Lei Xeral de Educación. Para ilo programamos distintas actividades, que comezaron xa a levarse a cabo no primeiro trimestre, tales como o mural para a entrada do centro, a confección do logo oficial, a formación do número 50 co alumnado no patio, actividades lúdico-culturais, fotografías e vídeos das distintas xeracións de alumnado que pasaron polo centro e unha exposición de material didáctico e impreso destes anos de ensinanza. Rematamos cunha comida homenaxe no comedor do colexio na que participou o antigo e actual profesorado e persoal non docente, antigos alumnos e alumnas e familias da comunidade educativa. Aquí tedes unha mostra de ditas actividades. 














 




sábado, 3 de junio de 2023

XIII CARREIRA SOLIDARIA DO CEIP BIBEI

Este ano, ao espírito solidario da carreira temos que sumarlle a celebración do 50 aniversario do noso centro. Para conmemoralo quixemos que o percorrido fose tamén especial, así que abrimos as portas do patio e continuamos a nosa carreira ata a praza da vila pola rúa das Mazairas.

Moitas grazas a todos os que nos acompañastes nun día tan especial!

                                                     Preme na imaxe






                                                                   4º Ed. Infantil
5º Ed. Infantil 
  6º Ed. Infantil
 Alumnado gardería A Galiña Azul
1º-2º Ed. Primaria
1º-2º Ed. Primaria
3º-4º Ed. Primaria
                                                                   3º-4º Ed. Primaria
                                                                    5º-6º Ed. Primaria
5º-6º Ed. Primaria