miércoles, 31 de enero de 2018

Xa chegou o Entroido


    Hoxe no colexio Bibei
    o Entroido vai empezar.
    Que toquen aixadas e bombos!
    Que repeniquen sen parar!

                   

Día da Paz 30 de xaneiro


       Actividades Día da Paz.



Preme na foto para ir a galería







Saída ao cine

   O luns disfrutamos dunha xornada de cine na Casa da Cultura de O Barco de  Valdeorras. A película titulàbase “ Ferdinand” . Tivemos  a sorte de  coñecer a un toro pacífico e simpàtico cun gran corazón  que intenta evitar o seu violento destino a través da amizade. Aproveitamos esta saída como actividade motivadora para a celebración do Día da Paz.

                                                       Preme para ver as fotos.



lunes, 22 de enero de 2018

OBRADOIRO DE XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS.



       

  O alumnado de 6º ven de participar nun obradoiro de xogos populares e tradicionais organizados pola Deputación de Ourense e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo. Foron dúas sesións nas que ademáis de disfrutar, aprenderon o valor da cultura tradicional e do xogo cooperativo a través de xogos bailados, ou outros tan tradicionais como as tabas, "Don Pedrón" e "O anel ou o furón".


   



miércoles, 3 de enero de 2018

Postais de Nadal.

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega , un ano máis, queremos dar as grazas aos alumnos e alumnas de Educación Infantil e Educación Primaria pola calidade e creatividade na composición das Postais de Nadal.

Unha aperta  para todos. Bo Nadal!!!!!