Estimadas familias:Comezamos este novo curso escolar con ilusión e co desexo de que todo se desenvolva coa maior normalidade posible. Vai ser un ano diferente, pero coa colaboración familia-escola todo vai saír ben. O centro porá todos os medios e esforzos posibles para garantir que os vosos fillos e fillas teñan o entorno máis seguro posible para o exercicio do seu dereito á educación.
Nos próximos días publicaremos o Protocolo de Adaptación do Centro á situación COVID 19 e informaremos do horario de entrada do alumnado nos días 10 e 11 de setembro e doutros aspectos organizativos.
Un afectuoso saúdo e moito ánimo.