miércoles, 24 de noviembre de 2021

VISITA AO CENTRO ASTRONÓMICO DE TREVINCA

O pasado venres, o alumnado de 5º e 6º visitou o Centro Astronómico de A Veiga. Gustoulles moito e viñeron encatados da súa primeira excursión despois de case dous anos!

jueves, 11 de noviembre de 2021

MAGOSTO 2021

 Hoxe celebramos o Magosto no nose cole!! Para amenizar a xornada, o alumnado de 6º quérenos agasallar co seu  "Rap do Magosto". Este traballo foi creado integramente polo alumnado no marco do Programa Digicraf, no que tamén participa o alumnado de 5º. 




Preme na imaxe si querer ver o ben que o pasamos onte no magosto!






 

jueves, 4 de noviembre de 2021

Ciberseguridade no Cole!

 Hoxe o alumnado de 5º e 6º participou na primeira fase inicial de clasificación do  concurso de Ciberseguridade para centros educativos de Galicia, organizada pola Fundación Telefónica e Amtega; e na que participaron un total de 42 centros. A proba realizouse mediante videoconferencia.

Estamos contentos porque unha das aulas conseguíu manterse no podium en tres das dez preguntas, e a outra aula quedou entre os dez primeiros clasificados. Unha grata experiencia para os nosos nenos!






miércoles, 3 de noviembre de 2021

O SAMAÍN

  Un ano máis, a celebración do Samaín estivo chea de ilusión e sorpresas. Dende o Equipo de Normalización LingUística organizaron diferentes  actividades ao longo da semana pasada. Deste xeito, a cativada disfrutou de diferentes filmes e divertidas actividades que o profesorado lle preparou.

O mércores pola mañá os nenos acudían ao centro acompañados das súas cabazas, que con esmero e ilusión prepararon coa súa familia, e que quedaron expostas na entrada princiañ. Un ano máis non deixades de sorprendernos con esas obras de arte!! Moitas grazas pola vosa colaboración. Agradecer tamén ao Concello o posterior traslado das cabazas para facer unha exposición das mesmas na Praza da vila.

O xoves foi o día das merendas terroríficas. Imaxinación ao poder!! Elaboracións dignas dos mellores chefs!!

E xa o último día, para despedir a semana ao grande, chegabamos ao centro disfrazados. Ese día tamén bailamos todo o cole unha canción de Samaín.

E así, con moita música, ilusión e alegría, chegamos ao final dunha terroríiiiiifica e divertidíiiiisima semana. Deixámosvos unha mostra do que fixemos, agardamos que o disfrutedes tanto coma nós.




Moitas grazas ás nosas cociñeiras, que tamén participaron nesta celebración preparando unha bica con cabazas do noso horto.