lunes, 17 de enero de 2022

O noso Club de Ciencia

 Neste curso 2021-2022, no CEIP Bibei de Viana do Bolo fomos elixidos para participar por primeira vez no programa de innovación educativa "Club de Ciencia" da Xunta de Galicia. O noso obxectivo é estimular no alumnado o espíritu científico, impulsar vocacións STEM e desenvolver nos rapaces, e sobre todo nas rapazas, o interese pola ciencia para que nun futuro elixan estudos científicos.

Participamos todo o centro, dende 4º de educación infantil ata 6º de educación primaria, con distintas experiencias e achegas científicas que desenvolveremos ao longo de todo o curso, segundo aparece de forma esquemática no seguinte panel, ademais doutras actividades que incluimos no proxecto, e tamén as que vaian xurdindo ao longo da súa implementación práctica.


E para empezar... nada mellor que introducir ao alumnado no mundo da ciencia e no método científico a través dos seguintes vídeos:

1. QUE É A CIENCIA?


2. QUE É O MÉTODO CIENTÍFICO?



3. A PEQUENA PROGRAMADORA DE HUESCA.


4. PARA CANTAR E BAILAR  COA CIENCIA.