Ao longo desta semana estamos levando a cabo no centro diversas actividades para conmemorar o Día Universal da Infancia (20 de novembro), e o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero (25 de novembro).
Este luns e martes tivemos a sorte de contar con Noelia Moreau Castro (Graduada en Educación Social pola USC, Máster oficial en sexoloxía, educación sexual e asesoramento sexolóxico pola UCJC, axente de igualdade de xénero pola UEMC), que estivo desenvolvendo diversas actividades co alumnado de segundo e terceiro ciclo.
O martes pola tarde tamén se levaba a cabo unha charla na biblioteca do centro, impartidada tamén por Noelia, dirixida ás familias, e coa que igualmente os asistentes quedamos encantados.
Agradecerlle a Noelia a cercanía e claridade nas súas explicacións que deixaron ao alumnado con ganas de repetir; e moitas grazas á ANPA do CEIP Bibei por colaborar co centro e organizar este tipo de actividades tan enriquecedorar para o noso alumnado e o conxunto da comunidade educativa.