jueves, 28 de octubre de 2021

XOGOS DE EDUCACIÓN EMOCIONAL

 Onte tivemos a sorte de recibir no CEIP BIBEI un lote de xogos de educación emocional que tiñamos solicitados a través da FAPA  (Federación de AMPA de Centros Públicos de Ourense).

O lote consta de tres xogos: Emparchís, que nos servirá para traballar a empatía;  Arquetipos, para a resolución de problemas persoais e sociais; e Wisdómini, para favorecer a reflexión sobre a relación con nós mesmos e cos demais.

Esta aportación foi posible grazas a que no centro contamos cunha ANPA federada. O noso agradecemento tanto a FAPA de Ourense como a ANPA do CEIP BIBEI.



domingo, 10 de octubre de 2021