domingo, 29 de mayo de 2022

“VIANA NO CAMIÑO” CHEGA A COMPOSTELA


 
Esta semana o alumnado de 5º e 6º chegaba a Santiago de Compostela. Comezaban esta última andaina en Bandeira, xa dende alí a choiva sería unha das protagonistas que os acompañaría nesta recta final. Logo de facer noite en Outeiro, e tras outra longa xornada, o alumnado chegaba á praza do Obradoiro, que sería testemuña da emoción dos nosos nenos e nenas. 

Unha viaxe intensa, na que o alumnado tivo contacto con outras culturas, coñeceu  máis de cerca o noso patrimonio e materializou os contidos traballados na aula. Ademáis de visitar a Catedral e o seu museo, tiveron a oportunidade de acceder aos tellados da mesma, un dos momentos máis impresionantes para eles. Na visita ao Pórtico da Gloria puideron tomar máis consciencia da importancia e magnitude desta obra, da  que dende a Área de Educación Musical levaron a cabo un traballo de investigación sobre “Os instrumentos musicais do Pórtico” e que ademais tiveron a oportunidade de visitar no Pazo de Fonseca grazas á exposición “Os sons da pedra”.

Sen dúbida, unha experiencia única, de superación, amizade e compañerismo. Grazas a todos os que a fixéstedes posible!! Bo Camiño!! 






jueves, 12 de mayo de 2022

TALLERES CRUZ VERMELLA

 Rematamos os talleres da Cruz Vermella traballando as habilidades sociais e aprendendo algo máis de como xestionar as nosas emocións.

O noso agradecemento á Cruz Vermella, especialmente a Naty, por todo o que levamos aprendido neste curso e polo divertido que foi.