miércoles, 30 de noviembre de 2022

Unha "Party" de autoras galegas

 Grazas ao Concello e, especialmente a Sara do CIM, por ofrecernos esta actividade tan divertida. 

A escritora Andrea Barreiro, a través dunha adaptación do xogo de mesa "Party", traballou a igualdade de homes e mulleres co alumnado de 4º, 5º e 6º. Ademais deixounos uns agasallos para a Biblio Bibei. 

Grazas, Andrea!





martes, 29 de noviembre de 2022

Logo 50 aniversario.

     Xa temos logo gañador para o 50 aniversario! Noraboa, Noa! Mereces o diploma e unha camiseta co teu logo. Parabéns.













miércoles, 23 de noviembre de 2022

Así conmemoramos o 20N e o 25N!

Ao longo desta semana levaremos a cabo no centro diversas actividades para conmemorar o Día Universal da Infancia (20 de novembro), e o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero (25 novembro).

Hoxe achegamos ao noso alumnado á diversidade afectivo-sexual da man de Cristina Palacios, presidenta de ARELAS (Asociación de Familias de menores Trans), porque temos diferentes formas de ser, amar, vivir e expresar o xénero.


                                                                    Preme na imaxe



Hoxe, 25 de Novembro, no CEIP Bibei gardamos un minuto de silencio en recordo e homenaxe a todas as vítimas da violencia de xénero e como mostra de repulsa ante un problema que involucra a toda a sociedade.

E ADEMAIS....

"Non volvas máis, Sr. Teixugo!" Esta foi a proposta de conto de Ylenia, que está no noso centro facendo a súa formación práctica como mestra, para que o noso alumnado aprenda que o uso da violencia de xénero está totalmente inxustificada. Despois dunha conversa moi interesante sobre o conto, escollemos o noso personaxe favorito para colorear.









lunes, 14 de noviembre de 2022

Logo 50 Aniversario

 O alumnado de 6º participa no concurso "Crea o teu logo". O logo gañador será o logo do 50 aniversario do noso centro. Sorte!



lunes, 7 de noviembre de 2022

ESTAMOS DE ANIVERSARIO!!

 


                 50 anos fomentando a educación de varias xeracións.

                            50 anos de ensinanza e adicación.

                                    Este curso celebrámolo!