miércoles, 23 de noviembre de 2022

Así conmemoramos o 20N e o 25N!

Ao longo desta semana levaremos a cabo no centro diversas actividades para conmemorar o Día Universal da Infancia (20 de novembro), e o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero (25 novembro).

Hoxe achegamos ao noso alumnado á diversidade afectivo-sexual da man de Cristina Palacios, presidenta de ARELAS (Asociación de Familias de menores Trans), porque temos diferentes formas de ser, amar, vivir e expresar o xénero.


                                                                    Preme na imaxe



Hoxe, 25 de Novembro, no CEIP Bibei gardamos un minuto de silencio en recordo e homenaxe a todas as vítimas da violencia de xénero e como mostra de repulsa ante un problema que involucra a toda a sociedade.

E ADEMAIS....

"Non volvas máis, Sr. Teixugo!" Esta foi a proposta de conto de Ylenia, que está no noso centro facendo a súa formación práctica como mestra, para que o noso alumnado aprenda que o uso da violencia de xénero está totalmente inxustificada. Despois dunha conversa moi interesante sobre o conto, escollemos o noso personaxe favorito para colorear.









No hay comentarios:

Publicar un comentario