martes, 21 de diciembre de 2021

Nadal Ceip Bibei 21


Aínda que este ano tampouco  poidamos celebrar un Festival de Nadal  preparamos con moito cariño este vídeo para desexarvos un Bo Nadal e un Próspero Aninovo. Esperamos que vos guste!

E...como xa é habitual por estas datas, no centro recibimos a visita das SS.MM. os Reis de Oriente; e o alumnado do  primaria participou no tradicional Torneo de Tenis de Mesa de Nadal do CEIP Bibei. Aquí vos deixamos unhas fotos, mostra do moito que disfrutaron os nosos nenos e nenas. 




                    O claustro de mestres e mestras desexámosvos un Bo Nadal!

lunes, 20 de diciembre de 2021

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2021


Coma tódolos anos por estas datas celebramos un concurso de postais de Nadal. Todo o alumnado participou nesta actividade e decoraron os corredores coas súas fantásticas creacións. 

Aquí vos deixamos as postais gañadoras de cada curso, coas que vos queremos desexar unhas Boas Festas!

                                                    Noraboa a todos e todas!

jueves, 16 de diciembre de 2021

 Onte unha representación do noso centro asistía á XX Gala de Premios + Deporte-La Región. Desta vez non puido ser, pero aínda que non gañásemos o premio, o feito de ser nominados xa nos fixo inmensamente felices.

Noraboa aos gañadores. No CEIP Bibei seguiremos disfrutando co deporte! e... quen sabe se para a próxima... nos toque a nós.




viernes, 10 de diciembre de 2021

XX GALA DO DEPORTE OURENSAN "LA REGIÓN + DEPORTE"

 O CEIP Bibei foi nominado por 3ª vez ao Premio "Mellor Colexio" participante no Programa Xogade da Xunta de Galicia na XX Gala de Premios + Deporte-La Región, que se celebrará en Ourense o día 15 de Decembro, e onde se elixirán os mellores deportistas e institucións deportivas ourensás do ano 2021. 

O CEIP Bibei, xunto ao IES As Lagoas de Ourense e ao CPR Sagrado Corazón de Celanova, optará a dito galardón.

Dende o centro queremos desexar a maior das sortes aos coles seleccionados e felicitar ao noso alumnado por ser, ano tras ano, os verdadeiros artífices dos logros deportivos do noso colexio.

 Viva o DEPORTE e viva o BIBEI!