viernes, 10 de diciembre de 2021

XX GALA DO DEPORTE OURENSAN "LA REGIÓN + DEPORTE"

 O CEIP Bibei foi nominado por 3ª vez ao Premio "Mellor Colexio" participante no Programa Xogade da Xunta de Galicia na XX Gala de Premios + Deporte-La Región, que se celebrará en Ourense o día 15 de Decembro, e onde se elixirán os mellores deportistas e institucións deportivas ourensás do ano 2021. 

O CEIP Bibei, xunto ao IES As Lagoas de Ourense e ao CPR Sagrado Corazón de Celanova, optará a dito galardón.

Dende o centro queremos desexar a maior das sortes aos coles seleccionados e felicitar ao noso alumnado por ser, ano tras ano, os verdadeiros artífices dos logros deportivos do noso colexio.

 Viva o DEPORTE e viva o BIBEI!




No hay comentarios:

Publicar un comentario