lunes, 21 de mayo de 2018

Día das Letras Galegas.




O martes, 16 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas dedicado a Mª Victoria Moreno. Con motivo desta celebración realizamos o 6º Circuíto Lúdico - Lector no que participaron O Ceip San Martiño de Vilariño de Conso, O Ceip Ávila Bustillo  da Veiga e o Ceip Bibei de Viana do Bolo.


Este ano celebramos o Circuíto en Vilariño de Conso, nun entorno natural fermosísimo. Alí o alumnado e o profesorado disfrutamos dunha chea de obradoiros relacionados coa temática da Música Tradicional e, como non, outros dedicados  a nosa escritora homenaxeada Mª Victoria Moreno.

Unha vez rematados os obradoiros disfrutamos da representación dunha obra de teatro titulada  " Díxoo Thais, e non se fale máis ".

Para rematar xantamos todos xuntos  no campo de fútbol á sombra das árbores xa que tivemos un día espléndido.

Moitas grazas a todos pola vosa axuda e colaboración.                                                                           
Ata o próximo circuíto!!!!!!





 Galería de fotos.