jueves, 22 de noviembre de 2018

NON A VIOLENCIA MACHISTA



         No CEIP Bibei dicimos NON Á VIOLENCIA MACHISTA.



         




20 NOVEMBRO



    Con motivo da conmemoración do día dos "Dereitos da infancia", o martes día 20, tivo lugar a representación na biblioteca do colexio, o contacontos "Como axudo a Antón?".
    Trátase dun conto pedagóxico que fala do bulling. Un problema que por desgracia está presente na nosa sociedade. Entre todos temos que ser capaces de que cada vez sexan menos os nenos/as que o padecen.
    Á representación da obra acudiron os nenos e nenas de primaria.
    Esta actividade levouse a cabo en colaboración co CIM do concello de Viana do Bolo.

 






miércoles, 21 de noviembre de 2018

PROCLAMACIÓN CANDIDATURAS



                    PROCLAMACIÓN CANDIDATURAS CONSELLO ESCOLAR

                               Preme no enlace para consultar.

 

                         

Maña de cine



          O luns, 19 de novembro o alumnado de 5º e 6º de E.I. e 1º de Primaria,  xunto cos nenos e nenas de E.I. do CEIP "Ávila Bustillo" de A Veiga, pasamos "unha mañá de cine"  no Teatro Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras. Desfrutamos da película "Smallfoot", unha historia de amizade que nos transmite unha mensaxe de superación dos nosos medos ás diferenzas, dentro do marco da igualdade.


                                     

sábado, 17 de noviembre de 2018

Así comezamos este curso



 
Aquí podedes ver algúns dos momentos que vivimos no centro, compartindo experiencias, xogos, inquietudes…que pouco a pouco nos axudan a crecer en todos os aspectos.


  Preme para ir a GALERÍA.

viernes, 2 de noviembre de 2018

CONSELLO ESCOLAR




          Este curso escolar temos renovación dos membros do CONSELLO ESCOLAR. Consulta toda a información no apartado de NOVAS.

OBRADOIRO DE COCIÑA



                               Rematamos o SAMAÍN cociñando uns alimentos terroríficos. 


jueves, 1 de noviembre de 2018

SAMAÍN





    Festexamos o Samaín o día 31 de outubro coa exposición de cabazas na entrada do colexio, xogos de Samaín e un desfile no patio. A maioría das cabazas foron recollidas polo Concello da vila para realizar con elas unha exposición na praza e nas principais rúas da nosa localidade.



                               
                                                    PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS.

PLAN DIRECTOR





      O día 18 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria, asistiu ás charlas do PLAN DIRECTOR, impartidas por membros da garda Civil. Neste curso os temas tratados foron o acoso escolar e os riscos das novas tecnoloxías.





FRUTOTECA



  O día 5 de outubro o alumnado de primaria participou na actividade " A Frutoteca", unha actividade promocionada pola Asociación "5 AO DÍA", en colaboración coa empresa COVIRÁN, para promocionar o consumo de froitas e hortalizas frescas e fomentar hábitos de vida saudables. Nelas os nenos/as puideron ver o percorrido das Froitas e as Hortalizas con imaxes 3D e 360º.