lunes, 19 de diciembre de 2016

POSTAIS DE NADAL.



CONCURSO " POSTAIS DE NADAL 2.016 ".


Como tódolos anos os alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria participaron no concurso de Postais do Nadal. Unha vez máis, estamos abraiados pola súa creatividade, esforzo e calidade.  Grazas a todos / as polo entusiasmo e adicación  na realización das vosas postais.   

                                       
                                      
                                      

ENGALANAMOS O COLE


















sábado, 10 de diciembre de 2016

Xa chegou o Nadal!!!. Queremos dar as grazas ás familias por colaborar na elaboración de cds navideños e axudarnos a adornar o cole.




miércoles, 30 de noviembre de 2016

Realidade virtual

   Hoxe, mergullámonos no mar coas nosas lentes máxicas para ver peixes, cabalos mariños, rochas, tiburóns e moita moita auga.





Viana contra a violencia machista



Pequena aportación dos nosos grandes artistas  na conmeración do " Día en contra da violencia machista".

martes, 22 de noviembre de 2016

DEREITOS DA INFANCIA.

Dende o equipo de convivencia con motivo da celebración do día dos “Dereitos da infancia” e o “Día internacional contra a violencia machista” , leváronse a cabo distintas actividades no centro. Ao longo da semana traballáronse os dereitos da infancia por tirorías e ao rematar fixemos un mural que colocamos na entrada do colexio. O luns día 21 fomos convidados dende o CIM do concello de Viana do Bolo á representación da obra “Roedores” na casa da cultura. A temática de dita obra era fomentar a igualdade. A asistencia foi de todo o colexio dende infantil ata sexto de primaria. Aquí tedes algunhas fotos das distintas actividades levadas a cabo. Galería.

jueves, 10 de noviembre de 2016

PRIMEIRO CONTACTO DO ALUMNADO DE 5º E 6º CO MUNDO CELULAR


O alumnado de 5º e 6º de primaria participou o día 7 de novembro  en  dúas sesións prácticas  de investigación co microscopio a través dun obradoiro teórico-práctico  sobre a célula, realizado na aula de 6º ,  da man do veterinario e pai dunha alumna Pablo O.  González Prieto.
Foi unha experiencia única , motivante e moi completa, na que  o alumnado sentiuse protagonista experimentando  en directo cos distintos contidos estudados nos temas de ciencias da natureza  sobre a célula e os seus tipos.
Moitas grazas a Pablo por ensinarnos tantas cousas como especialista no tema,  e  por facer posible esta  experiencia tan interesante, amena e enriquecedora para o noso alumnado.

Como exemplo do ben que o pasaron aquí tedes unhas cantas fotos para que disfrutedes da nosa  actividade.




                                                                                                                      GALERÍA DE FOTOS.


                                                                                                                                              

domingo, 6 de noviembre de 2016

CELEBRAMOS O SAMAÍN





          O noso cole estaba cheo de pantasmas, bruxas, cabazas, zombies, esqueletos, morcegos....
          Foi algo TERRORÍFICO!!
          Tivemos que vir disfrazados con traxes que daban moito medo. Ata fixemos un desfile
          no patio!!

         FOI UN DÍA.....ATERRADOR!!.

                                                                                                                          FOTOS.

jueves, 27 de octubre de 2016

DRAGONENOS 2016




Queridas familias:
   Que diver!! Que ben o pasamos o Venres,21 de Outubro. As nosas profes leváronnos a Dragonenos. Ao chegar, almorzamos un batido cunhas galletas.
   Tanta enerxía collimos que brincamos dúas horas nos inchables. Os máis valentes baixamos por uns tobogáns altííísiiimos.
   Despois, xantamos as comidas tan saborosas que  prepararon as nosas mamás e os nosos papás.
   Fixemos estas fotos nas que quedamos tan guapooosss e guapaaasss.
   A ver si vos gustan!!!


   P.D.: Chegamos algo cansos,pero para o ano que vén queremos VOLVER.

   GALERÍA DE FOTOS.
                                                                                                 
                                   



                                                                                                          EDUCACIÓN INFANTIL.

lunes, 24 de octubre de 2016

CREATIVIDADE CON FROITAS E VERDURAS



O mércores 19 de outubro, e aproveitando a festividade do Día da Alimentación, os alumnos/as de 3º e 4º de Educación Primaria participaron no taller de elaboración de animais e figuras creativas con froitas e hortalizas.

  A actividade está enmarcada dentro do programa de promoción de hábitos de vida saudable ( plan proxecta) co claro fin de fomentar nos nenos e nenas uns hábitos de vida e alimentción saudables a través de experiencias motivadoras. A etapa escolar constitúe o momento máis adecuado para promover a adquisición de habilidades para alimentarse adecuadamente, polo que a escola debe desenvolver estratexias diversas para que os rapaces sexan capaces de acadar un estado de saúde e benestar óptimos.

  Os nenos/as aprenderon ademais os principais beneficios do consumo de froitas e expuxeron as súas creacións na entrada do centro.
                                                                                                                                     Alicia Ortiz.



Preme no enlace para ver as fotos. Galería.

martes, 28 de junio de 2016

330 EUROS DE ILUSIÓN!!


Chegou o feliz momento das tan gañadas vacacións, pero o colexio Bibei non pode pechar as súas portas sen recoñecer o gran esforzo que o seu alumnado e as súas familias fixeron na III CARREIRA SOLIDARIA coa súa fantástica aportación, que este ano recollemos para a ONG SAVE DE CHILDREN.  Recaudáronse 330 euros de ilusión que se transferiron o día 28 de xuño á conta desta ONG.

Sen máis, este claustro despídese ata o vindeiro curso desexándovos a toda a comunidade educativa que pasedes unhas boas
vacacións.
                                                    ¡Moitas grazas!

                                                                                                          Click na foto




lunes, 27 de junio de 2016

Graduados de 6º de Primaria

O día 21 de xuño despedimos ao alumnado de 6º nun emotivo acto de graduación.
Desexámosvos de corazón toda a sorte do mundo na nova etapa educativa que ides iniciar.

Inmersión na arte, por LeónAstorga.

O alumnado de 5º e 6º visitou as cidades de León e Astorga, levando á práctica os coñecementos artísticos estudados durante o curso.


jueves, 23 de junio de 2016

Érase unha vez..."Feliz Feroz"

Os nenos e nenas dende infantil ata 4º de Primaria disfrutaron dun contacontos; a obra representada levaba por título "Feliz Feroz".

VII CARREIRA SOLIDARIA DO CEIP BIBEI

Un ano máis, e xa van sete, disputouse no Colexio Bibei a VII Carreira Solidaria.
Esta actividade de carácter participativo ten como principal obxectivo a recaudación de fondos para a ONG “SAVE THE CHILDREN” coa que o centro colabora.
Ademáis a xornada de portas abertas faise coincidir co “DIA DA FAMILIA”, para que nun día tan entrañable como este, o noso alumnado se sinta acompañado polas súas familias e amig@s.
Como todos os anos, a participación foi un éxito.  Os eventos disputáronse por ciclos, dende infantil ata os máis maiores do cole. Tamén contamos coa colaboracón dos máis cativos, os nen@s da guardería “Galiña Azul”. E rematamos cunha carreira de tod@s os asistentes a esta gran festa deportiva-solidaria.

Coma sempre, só nos queda agradecervos a tod@s a vosa presenza participación e xenerosidade e decirvos que: SOMOS OS MELLORES E OS CAMPIOOÓNS!!!!.
                                                                                                                                                   Pepe Jirís

                                                         Pincha na foto
               

miércoles, 22 de junio de 2016

OS XOGOS OLIMPICOS NO PROXECTO POR PAISES

Para rematar este proxecto, que se desenvolveu ao longo de todo o curso, dende a área de E.F. organizáronse as primeiras OLIMPIADAS do centro ao ser este ano olímpico e coincidir nun país traballado dende o noso “Proxecto por Paises” (Brasil).
Esta actividade realizouse de xeito motivador e conductor dunha temática tratada dende os diferentes cursos relacionando a cada país  cun aspecto diferente do movemento olímpico:
·         HISTORIA DO OLIMPISMO
·         OS XOGOS PARALIMPICOS
·         RIO DE JANEIRO 2016-BRASIL
·         PEKIN 2008-CHINA
·         BARCELONA 92- ESPAÑA
·         MEJICO 68-MEJICO
·         ROMA 60-ITALIA
A actividade contou cunha:
·         Presentación, lectura e animación dun conto “Os bolechas na Olimpiadas”.
·          Búsqueda de información.
·          Redacción dun traballo sobre as diferentes temáticas propostas.
Por outra banda  celebramos unha Olimpiada no ximnasio do centro  coa disputa de distintos eventos na que ocuparon un rol primordial os diferentes elementos clave dunhos “Xogos” (Apertura, antorcha olímpica, competicións, medalleiro e clausura do acto).

O evento resultou todo un éxito no que os alumn@s demostraron os auténticos valores olímpicos. Como despedida emplazouse o alumnado do colexio a celebración dos II XOGOS OLÍMPICOS DO C.E.I.P. BIBEI dentro de catro anos, cando estes coincidan coa XXXII OLIMPIADAS DE TOKIO-XAPÓN.
                                                                                                                                                  Pepe Jirís



viernes, 17 de junio de 2016

CORTO MUDO ALUMNO/AS DE CINCO ANOS

Corto mudo realizado polos nenos/as de cinco anos. Espero que  vos guste.



GRADUACIÓN ALUMNOS/AS DE CINCO ANOS

    Hoxe graduamos os nenos/as da promoción 2013/16. Foi un pracer estar con eles durante estes dous anos, compartir experiencias, vivencias e actividades que enriqueceron as nosas vidas. Neste día tan especial desexo que teñades moita sorte e que vos convertades en persoas felices.




miércoles, 1 de junio de 2016

O invernadeiro



Co motivo da celebración do día europeo dos parques naturais os alumnos e  alumnas de 4º, 5º e 6º, do Ceip Bibei, fixeron unha excursión á reserva natural do Invernadeiro. Os nenos e nenas participaron nunha xornada de actividades que comezou cunha charla informativa sobre a rede de parques naturais; obradoiros nos que elaboraron pan e cocérono nun forno tradicional de leña ;  xogos relacionados coa natureza programados polos monitores de tempo libre . Contamos coa presencia da Conselleira de Medio Ambiente que participou  nesta xornada.
 Aínda que o tempo non acompañou foi un día moi especial para todos, tanto polo tipo de actividades coma pola beleza da paisaxe do parque natural.

Video. Viana do Bolo




martes, 31 de mayo de 2016

Fomos de musical!

O xoves, 26 de maio,  os/as  nenos/as de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º asistiron en Monforte ao musical do "Libro da Selva". Despois de desfrutar do espectáculo tivemos tempo de compartir  merenda e xogos no parque.
                                                                                                               Ver máis

lunes, 30 de mayo de 2016

"Mates á medida"

O alumnado de 5º e 6º asistimos no IES Carlos  Casares a unha sesión sobre o Sistema Métrico Decimal (SMD). Foron os nenos/as 1º da ESO, os encargados de explicárnolo. Pasámolo xenial practicando coas medidas e facendo test online con Kahoot co móbil e cos ordenadores!
Moitas grazas aos profes Pepe a Juan por convidarnos, e ao alumnado de 1º da ESO.
                                                                                                                                            Chelo Losada



miércoles, 25 de mayo de 2016

Día das Letras Galegas no Ceip Bibei.

 O venres , 20 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas, adicadas a Manuel María Fernández Teixeiro, na Torre da Homenaxe por ser un lugar emblemático na historia de Viana do Bolo. Participaron neste evento os alumnos e alumnas de Primaria e Educación Infantil. Recitaron poesías, cantaron cancións, fixeron unha representación da RAG, falaron da vida e obra do autor, etc... E , como non, contaron cun público moi especial, os seus pais e as súas nais, que acompañaron aos/ás seus fillos e fillas  durante esta actividade. 

Programa de actividades 

  • Educación Infantil, primeiro e segundo de primaria recitaron unha poesía da obra    “Os soños na gaiola. 
  • Terceiro e cuarto falaron da vida do autor  recitando “Eu son de Outeiro de Rei“, “Galicia “ e  “Romance da Condesiña”. 
  • Representación da historia da RAG por quinto e sexto. 
  • Interpretación á frauta do Himno de Galicia por quinto e “ O Antergo Reino de Galicia“ por sexto. 
  • Cantaron a canción “ O carro “  os/as alumnos/as de cuarto coa colaboración de quinto e sexto. 

Agradecer a colaboración e axuda prestada polo Concello e a presenza do Alcalde, a Concelleira de Cultura e ao Tenente Alcalde; asemade, agradecer os agasallos para o centro, un lote de libros sobre a vida  e obra de Manuel María, que foron entregados ao remate da celebración. 

Aos mestres e mestras e, por suposto, aos alumnos/as unha aperta moi grande polo traballo realizadoe  polo seu entusiasmo . 
                                                                                                                                         Angelina Cañueto
                                                                                                          Preme na foto

miércoles, 11 de mayo de 2016

XOGADE


                                                                                              

martes, 10 de mayo de 2016

PROMOCIÓN DE HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE



                                                                                          


lunes, 9 de mayo de 2016

XORNADA DE EDUCACIÓN VIAL


                                                                                                                               

domingo, 17 de abril de 2016

Día do libro

 Actividades para a semana do 18 ao 22 de abril na que festexaremos o día do libro.

        Exposicións  dos traballos dos distintos países na biblioteca


            Luns 18. Educación Infantil (España) e 1º de primaria (Exipto).
            Martes 19. 2º e 3º de primaria.  China e Italia respectivamente. 
            Mércores 20.  4º e 5º de primaria. Venezuela e Brasil.
            Xoves 21 .6º de primaria fará a  presentación de Mexico.

  
        Venres: presentación do" conto viaxeiro ".            

martes, 12 de abril de 2016

Facendo plastilina

          Receita plastilina
  • Dúas tazas pequenas de fariña.
  • Unha taza de sal.
  • Catro cucharadas de aceite.
  • Unha taza de auga.

Amasamos ben, mezclando todos os ingredientes e xa temos plasti. Podemos botarlle tamén un pouco de colorante alimentario.


Día da Árbore

               O pasado venres celebramos o Día da Árbore. Para elo contamos coa visita dunha brigada e de axentes do distrito forestal de Verín. Primeiro, asistimos a unha charla, na que o axente Luis nos falou da riqueza da nosa flora e fauna, e aprendemos que o coidado do monte e a prevención dos incendios é cousa de todos. Despois realizamos a plantación de diversas especies arbóreas, e poidemos comprobar a nosa habilidade coa ferramenta de labranza.
Agora quédanos a tarefa de levar á práctica o aprendido.


     

domingo, 10 de abril de 2016

ESTAMOS NO VERÁN

O luns 4 de abril @s alumn@s de cuarto, quinto e sexto asistiron no Auditorio de Ourense á obra de teatro " Estamos no verán", dentro das actividades programadas por ABANCA para Educación Primaria e Secundaria.



                                     


Un espectáculo moi completo con danza, música en directo e elementos de teatro. Unha banda que ten experiencia en proxectos infantís e xuvenís ( batería- percusión, guitarra, teclado, cantantes - narradores e unha bailarína), traen cancións moi divertidas para @s nen@s de todas as idades.
                                                                                                                     



miércoles, 6 de abril de 2016

Capítulo de Caillou donde explican como se siente un niño con autismo

O luns celebramos en E.I o Día Mundial de concienciación sobre o autismo ( día 2 de Abril)
Vimos un episodio de Caillou: Seguidme ( onde o neno explica cómo se siente un neno con autismo).
Animàmosvos a velo.  Fixàdevos que o pantalòn de Caillou e do seu novo amigo è de cor azul, a cor que simboliza o autismo.








domingo, 3 de abril de 2016

Sementamos pirixel

Para conmemorar o día da árbore, os nenos e nenas de educación infantil, plantamos unhas sementes de pirixel.







Preme para ver máis fotos.

viernes, 18 de marzo de 2016

Excursión a Vigo

Onte, xoves 17 de marzo, @s alumn@s de cuarto, quinto e sexto realizaron unha saída á cidade de Vigo. En primeiro lugar visitaron o Museo do Mar, onde os nenos realizaron dous obradoiros; un deles, sobre a evolución dos traxes de mergullo ao longo da historia; e o outro, sobre as distintas técnicas de pesca e marisqueo en Galicia e, os aparellos e embarcacións utilizadas. Despois, visitamos a Escola Naval de Marín, fomos guiados por dous oficiais da marina no percorrido das súas instalacións. Unha experiencia moi interesante e inesquecible para todos. Aquí tedes unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos. Preme na foto para ver máis.



lunes, 14 de marzo de 2016

Recreo saudable.

Hoxe, luns 14 de marzo, os alumnos de Educación Infantil e primaría disfrutaron dunha merenda Saudable no tempo de lecer. Previamente, asistiron a unha charla na biblioteca sobre a importancia dunha alimentación axeitada e equilibrada.



domingo, 13 de marzo de 2016

Paises do mundo.


Xogos Olímpicos

Gastronomía

Este curso no CEIP Bibei estamos levando a cabo un proxecto de centro. Cada curso encárgase de estudiar e investigar un determinado país. Un dos aspectos que se tratan é a súa gastronomía, que despois de estudiala quixemos acercarnos aínda máis a ela, polo que no mes de marzo comezamos adicándolle os mércores no comedor escolar á comida típica deses países. Antes de degustar os pratos típicos, o alumnado de 6º e 5º foi o  encargardo de facer unha pequena presentación dos países de México e Brasil, respectivamente.
As presentacións fóronse sucedendo: Venezuela, 4º; Italia, 3º; China, 2º; Exipto, 1º; ata rematar coa de España, da que se encargaron os nenos e nenas de Educación Infantil.

Alumnado de 5º. Brasil
Alumnado de 6º. México
Comida típica de México
Alumnos e alumnas de 4º. Venezuela
Comida típica de Venezuela
Alumnado de 3º. Italia.
Alumnos e alumnas de 2º. China.
Comida típica de China

Alumnos e alumnas de 2º. China.

Alumnos e alumnas de 1º. Exipto.

Alumnos e alumnas de 1º. Exipto.

Alumnos e alumnas de Ed.Infantil. España.

Alumnado de Ed.Infantil. España.