O alumnado de 5º e 6º de primaria participou o día 7 de novembro en dúas sesións prácticas de investigación co microscopio a través dun obradoiro teórico-práctico sobre a célula, realizado na aula de 6º , da man do veterinario e pai dunha alumna Pablo O. González Prieto.
Foi unha experiencia única ,
motivante e moi completa, na que o
alumnado sentiuse protagonista experimentando
en directo cos distintos contidos estudados nos temas de ciencias da
natureza sobre a célula e os seus tipos.
Moitas grazas a Pablo por
ensinarnos tantas cousas como especialista no tema, e por
facer posible esta experiencia tan
interesante, amena e enriquecedora para o noso alumnado.
Como exemplo do ben que o pasaron
aquí tedes unhas cantas fotos para que disfrutedes da nosa actividade.
GALERÍA DE FOTOS.
GALERÍA DE FOTOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario