martes, 22 de diciembre de 2020

NADAL 2020

                                     


Rematamos este primeiro trimestre do curso escolar 2020/2021, un curso diferente pero non por iso menos motivador e gratificante. Nestas datas do Nadal quixemos manter a tradición do Festival no colexio, aínda que de forma diferente. Aquí tedes unhas mostras do traballo dos nosos alumnos e alumnas e así desexarvos unhas Felices Festas e un Bo Ano Novo 2021. Grazas a todos pola vosa colaboración e implicación, que fixo posible chegar con éxito ata este momento.

O claustro de mestres e mestras.

EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS

EDUCACIÓN INFANTIL 5 ANOS 

EDUCACIÓN PRIMARIA 1º CURSO

EDUCACIÓN PRIMARIA 2º CURSO

EDUCACIÓN PRIMARIA 3º E 4º CURSO   

                                                              EDUCACIÓN PRIMARIA 5º

                                                              EDUCACIÓN PRIMARIA 6º

                                                              A VISITA DOS REIS MAGOS

                                                              TORNEO- NADAL DE PING PONG

 

 

viernes, 18 de diciembre de 2020

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2020



Un ano máis nestas datas celebramos o concurso de postais de Nadal. Todos os alumnos e alumnas do centro participaron nesta actividade, decorando cos seus traballos os corredores do centro. Aquí tedes as postais gañadoras de cada curso, coas que vos desexamos un Feliz Nadal. 

Noraboa a todos e todas!! 


jueves, 17 de diciembre de 2020

CAMPO A TRAVÉS POLO BIBEI

 


O día 3 de decembro, dende a área de Educación Física e dentro do Proxecto de vida activa e deportiva do Plan Proxecta, organizouse a actividade "Campo a través polo Bibei" co fin de fomentar a actividade deportiva dentro do centro.

viernes, 27 de noviembre de 2020

DOAZÓN DE EQUIPOS INFORMÁTICOS POR ENDESA

O CEIP Bibei foi un dos 27 centros educativos beneficiarios do Proxecto de Fenda Dixital que Endesa puxo en marcha dentro do seu Plan de Responsabilidade Pública contra a Covid-19, coa finalidade de aliviar a situación das familias en situación de especial vulnerabilidade. A entrega de dous equipos informáticos levouse a cabo o día 25 de novembro, ás 11:00 h. na Central Hidroeléctrica de San Agostiño. O noso agradecemento a esta iniciativa de Endesa.





jueves, 26 de noviembre de 2020

25N.DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO.

                         O CEIP BIBEI di NON á violencia de xénero.



Preme na imaxe para ver máis.

39 ª EDICIÓN " ¿QUÉ ES UN REY PARA TI?"

           Un ano máis dúas alumnas deste centro quedan finalistas no Certame “¿Qué es un rey para ti?”

As gañadoras foron  Ainara Pérez Barba e Amelia Pérez Busto, de sexto curso, que quedaron finalistas da 39ª Edición.

Este certame foi organizado pola Fundación Institucional Española e patrocinado pola Fundación Orange. 


Esta edición corresponde co curso 2019/2020. Debido a situación sanitaria que estamos atravesando a gala tivo que ser aprazada ata este mes de novembro  e fíxose de maneira telemática.


Parabéns chicas polos vosos traballos e por eses agasallos que tanto vos gustaron.

Ánimo e a seguir participando..

Preme para ver as fotos.

miércoles, 11 de noviembre de 2020

HORARIOS DOS GRUPOS ANTE UN POSIBLE PECHE DE CENTRO OU AULAS


Estimadas familias;

No suposto de educación a distancia ante posibles confinamentos, o centro utilizará as aulas virtuais, nas que o profesorado realizará o seguimento do alumnado impartindo os coñecementos de cada materia e controlando diariamente a participación dos nenos/as.

No seguinte enlace aparecen os horarios de conexión diaria do alumnado de cada grupo cos distintos mestres/as, que supón o 60% do horario lectivo. Este tempo de conexión é de obrigado cumprimento para todos os alumnos/as do centro e en todas as materias. Neste tempo usaranse distintas ferramentas de comunicación (como plataformas de videoconferencia institucionais) e aulas virtuais. O resto do tempo adicarase á elaboración de tarefas (por parte do alumnado) e á programación e corrección de actividades (por parte do profesorado).

                                                  VER HORARIOS.

miércoles, 2 de septiembre de 2020

HORARIO DE INICIO DE CURSO

A incorporación do alumnado ás aulas realizarase de maneira escalonada, establecéndose dous días para ilo: o xoves día 10 e o venres, día 11 de setembro; tal e como se recolle na 

Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, FormaciónProfesional e Innovación Educatva pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21 nos centros docentes sostdos con fondospúblicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo, o horario para eses dous días é o seguinte:

Xoves, 10 de setembro:  3 anos (horario de adaptación)
                                      
                                          09:15h  -09:30h : 4 anos
                                       
                                         09:30h - 09:45h : 1º Curso

                                         09:45h - 10:00h:  2º Curso

                                         10:00h - 10:15h:  3º Curso


Venres, 11 de setembro:  09:15h  -09:30h : 5 anos
                                       
                                          09:30h - 09:45h : 4º Curso

                                          09:45h - 10:00h:  5º Curso

                                          10:00h - 10:15h:  6º Curso



                                        

martes, 1 de septiembre de 2020

BENVIDOS AO CURSO 2020-21

Estimadas familias:
Comezamos este novo curso escolar con ilusión e co desexo de que todo se desenvolva coa maior normalidade posible. Vai ser un ano diferente, pero coa colaboración familia-escola todo vai saír ben. O centro porá todos os medios e esforzos posibles para garantir que os vosos fillos e fillas teñan o entorno máis seguro posible para o exercicio do seu dereito á educación.
Nos próximos días publicaremos o Protocolo de Adaptación do Centro á situación COVID 19 e informaremos do horario de entrada do alumnado nos días 10  e 11 de setembro e doutros aspectos organizativos.
Un afectuoso saúdo e moito ánimo.

viernes, 19 de junio de 2020

Pero a tu lado



O CEIP BIBEI deséxavos a toda a comunidade educativa un feliz verán. Vémonos no vindeiro curso.




domingo, 10 de mayo de 2020


PROTOCOLO ATENCIÓN FAMILIAS NO RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN DO CURSO 2020-21.


1. Presentación da solicitude de admisión:
* O prazo abranguerá dende o día 11 ata o 18 (ambos os dous inclusive).
* No horario de 10:00-14:00 h.
* Poderá facerse:

* Como solicitar a cita previa:

* Cando acudas ao Centro:
O centro proporcionará as medidas para garantir a seguridade
das familias e do persoal docente (hixiene, máscaras e luvas).
Na entrada atoparás dúas mesas:
- mesa con luvas: deberás porte un par de luvas.
- mesa con mascarillas: deberás colocarte unha mascarilla.

* Atenderémoste na planta principal, en Secretaría.


OUTROS ASPECTOS IMPORTANTES
* A publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non
admitido farase antes do 9 de xuño.
* A publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non
admitido realizarase antes do 26 de xuño.
* O prazo de formalización de matrícula é do 1 ao 10 de xullo.

domingo, 29 de marzo de 2020

AXUDAS ÁS FAMILIAS BENEFICIARIAS DE BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR



https://drive.google.com/file/d/1EH3nCwuSqDHbEJCEW1yzAPpbwxgrtSQg/view?usp=sharing

ÁNIMO! TODO VAI IR BEN!

Dende o CEIP Bibei queremos darvos ánimos a toda a comunidade educativa. 

Familias, estamos convosco. E para os nosos nenos e nenas este recoñecemento.

 Todo vai ir ben, xa falta menos para estar todos xuntos.😃💖

miércoles, 11 de marzo de 2020

8 M Día da muller


 
Para conmemorar o Día da Muller, os alumnos e alumnas do Ceip Bibei participaron nuns talleres nos que traballaron a igualdade. Os talleres foron dirixidos polos membros de Pinchacarneira.



Preme na imaxe para ver máis.

martes, 18 de febrero de 2020

Máscaras de Manzaneda con la profe Eva.



       Hoxe a profe Eva trouxo de Manzaneda o traxe, o pucho e os complementos da Máscara, personaxe principal do Entroido desta zona. Gracias profe Eva!!!

       Preme na imaxe.


Con Jorge no cole

 Este ano repetimos taller de ENTROIDO con Jorge, MUCHISIMAS GRACIAS!!!, pasámolo xenial. Ata o vindeiro ano.


Preme na imaxe.