sábado, 13 de febrero de 2021

LEMBRANZAS DUN ENTROIDO CONFINADO

 Esta é unha mostra da celebración do Entroido 20021. Un Entroido diferente, pero coma sempre participativo e cargado de emoción.. Unha semana seguindo o ditado das mandas, con disfraces, lardeiros, ritmo e sorpresas.


                                               XOVES DE COMPADRES!!!

                                                               Preme na imaxe para ver máis.

 

                                               XOVES DE COMADRES!!!

                                    

                         Preme na imaxe para ver máis.


   PIXAMA!!!

                         Preme na imaxe para ver máis.






viernes, 12 de febrero de 2021

O SENTIMENTO DO ENTROIDO

O Entroido é sentimento,

    ledicia e emocións,

así o plasmaron os nenos

     nas súas creacións.


    Un traballo ben feito 

    realizado con esmero, 

de recompensa, os Bolechas

   ragalados polo Concello. 



                                  Preme na imaxe para ver todas as fotos.


 



jueves, 11 de febrero de 2021

XOVES DE COMADRES

Despedimos este día   
dunha maneira singular  
 coa visita dos boteiros
que para nós foi especial.

Ao marchar para casa,
escoitamos dende as filas
os saltos dos boteiros
tocando as súas esquilas.

Este ano, aínda que atípico  
non o imos olvidar
son moitas as emocións
coas que nos viñeron agasallar.

Con boteiros e cabezudos
chegamos ao fin do día.
Moitas grazas a Jorge Minas
por darnos esta alegría!







                     Hoxe celebramos este día cun Fulión virtual, 
        pero xuntos como tódolos anos. Grazas, IES Carlos Casares!

martes, 9 de febrero de 2021

II CONCURSO FOTOGRÁFICO DO ENTROIDO



      Queredes participar no II Concurso Fotográfico do ENTROIDO...? 
    
     ANIMÁDEVOS a crear estupendas fotografías esperamos ilusionados recibir unha morea   de instantáneas. 
Ah.... que me esquecía temos sorpresas para os participantes!!!





ENTROIDO 2021


Nin este ano tan atípico
perdemos a ilusión, 
engalanamos o colexio
á falta de fulión.

Grazas a Jorge Minas
e á súa asociación,
deixáronnos este mozo
para non esquecer a tradición.

Tamén ao profe Pepe
polo seu instrumental,
eses bombos  e aixadas,
que outro ano soarán.





 

lunes, 1 de febrero de 2021

DÍA DA PAZ 2021

 



Para celebrar o Día da Paz 2021 elaboramos entre todas as aulas o mural das Receitas de Paz, nas que os alumnos e alumnas mesturaron os mellores ingredientes para intentar conseguir un mundo en paz. Tamén se traballou o libro "La mejor sopa del mundo" e se confeccionaron distintos carteis para adornar os corredores do centro e un marcapáxinas. Tamén fixemos unha coreografía entre todos e todas para celebrar dunha forma especial este día.