miércoles, 20 de abril de 2022

AO ALUMNADO DE 6º ENCÁNTALLE A TECNOLOXÍA!

 O alumnado de 6º curso de Educación Primaria participou nun obradoiro teórico-práctico de tecnoloxías maker titulado "Iniciación á creación con Makey Makey e á electrónica creativa" organizado por Interreg, emprende makers e a Deputación de Ourense.

Resultou unha actividade  interesante, motivadora e moi divertida. Preme na imaxe!




sábado, 9 de abril de 2022

“100 KM DE CAMIÑO - 100 KG DE AXUDA”

 Rematamos este 2º trimestre da mellor maneira, facendo unha segunda entrega aos novos veciños procedentes dende Ucrania a Petín, A Rúa e Trives. 

Esto foi posible á impresionante resposta recibida por parte de toda a comunidade educativa á iniciativa do profe Pepe.

Esto fai ao CEIP Bibei máis grande!!





jueves, 7 de abril de 2022

ALIMENTACIÓN E HÁBITOS SAUDABLES

 Grazas á Cruz Vermella e a Nati por achegarnos ao centro os obradoiros sobre alimentación e hábitos saudables. 






viernes, 1 de abril de 2022

CELEBRACIÓN DO DÍA DA ÁRBORE

 Aínda que o Día da Árbore foi o pasado 21 de marzo, hoxe puidemos levar a cabo no centro uns obradoiros nos que o alumnado aprendeu a importancia de coidar a natureza e o importante papel que teñen as árbores. 

Dámoslles as grazas pola súa visita ao axente Xosé Manuel e a todos os que o acompañaron.





100 KM DE CAMIÑO - 100 KG DE AXUDA

 Simultaneamente á realización da 2ª etapa do Camiño de Santiago que levaron a cabo os  maiores do cole, no centro tiña lugar o inicio da recollida de alimentos para as familias  de Ucrania que xa están entre nós.

Enorgullécenos a solidariedade de toda a comunidade educativa. Moitísimas grazas a todos e todas pola vosa colaboración, especialmente felicitar ao mestre de Educación Física por esta bonita iniciativa.

Esto fai ao CEIP Bibei máis grande!!!




                                   Alumnado preparando co mestre de EF os lotes para repartir.


"VIANA NO CAMIÑO": 2ª ETAPA (Dozón-Bandeira)

 Esta semana levamos a cabo a 2ª etapa do Camiño de Santiago: Dozón - A Laxe -Bandeira. Foron dous intensos días onde o cansazo ao final do día sempre estivo acompañado de ledicia e satisfacción.