viernes, 24 de marzo de 2023

AS REGUEIFEIRAS DO BIBEI

 Rematamos a semana mostrándovos o  traballo co que participaron  Daniela, Noa e Marinha, tres alumnas de 6º de Primaria,  no Certame Enreguéifate 2022-23.

Noraboa por esa estupenda "Regueifa da castaña"! Bo traballo!






lunes, 20 de marzo de 2023

PREVENCIÓN ANTE OS PERIGOS DAS REDES

 Hoxe tivemos unha xornada moi interesante no CEIP BIBEI.

Pola mañá, Obradoiro de Prevención da Violencia no Contexto Dixital para o alumnado de 5º e 6º. Obxectivos: protexet dos riscos e perigos das novas tecnoloxías e facer un uso responsable das mesmas. 

Pola tarde, charla para as familias sobre o control parental e o perigo das redes sociais.

Grazas ás familias asistentes e a Sara do CIM de Viana do Bolo por acercarnos estes obradoiros.



viernes, 10 de marzo de 2023

XOGANDO AO ATLETISMO - OURENSE 2023

 Onte xoves, 9 de marzo, cinco equipos mixtos do CEIP Bibei disfrutaron dunha mañá deportiva nas pistas cubertas de atletismo na cidade de Ourense. Un escenario de luxo para unha actividade que encandila ao noso alumnado.

Tras uns anos sen participar nesta modalidade, o Bibei volveu estar presente, xunto a outros 15 centros da nosa provincia: A Rúa, Cea, Ourense, Celanova, Ribadavia...

Un gran día que rematou cunha extraordinaria actuación deportiva!



martes, 7 de marzo de 2023

OBRADOIRO "CIENCIA EN MOVEMENTO"


No Ceip Bibei de Viana do Bolo para celebrar o "Día Internacional da Muller e Nena na Ciencia", o alumnado de segundo e terceiro ciclo, asistimos a un obradoiro práctico no laboratorio sobre experimentos científicos sinxelos con papeis, auga, tincións, lume, alcohol etc. 

Ao mesmo tempo aprendemos o nome de mulleres que descubriron grandes inventos que utilizamos actualmente como:  o    " limpaparabrisas" dos coches, o xogo do Monopoly e o lavalouzas.

 Grazas ao CIM do Concello de Viana do Bolo por traernos a Amparo e a Suso  dende Vigo para achegarnos a ciencia dun xeito sinxelo. Agora xa sabemos que para facer ciencia non é presiso ter materiais sofisticados, só facerse moitas preguntas e intentar buscar as respostas.