martes, 7 de marzo de 2023

OBRADOIRO "CIENCIA EN MOVEMENTO"


No Ceip Bibei de Viana do Bolo para celebrar o "Día Internacional da Muller e Nena na Ciencia", o alumnado de segundo e terceiro ciclo, asistimos a un obradoiro práctico no laboratorio sobre experimentos científicos sinxelos con papeis, auga, tincións, lume, alcohol etc. 

Ao mesmo tempo aprendemos o nome de mulleres que descubriron grandes inventos que utilizamos actualmente como:  o    " limpaparabrisas" dos coches, o xogo do Monopoly e o lavalouzas.

 Grazas ao CIM do Concello de Viana do Bolo por traernos a Amparo e a Suso  dende Vigo para achegarnos a ciencia dun xeito sinxelo. Agora xa sabemos que para facer ciencia non é presiso ter materiais sofisticados, só facerse moitas preguntas e intentar buscar as respostas.

                                                        


No hay comentarios:

Publicar un comentario