viernes, 3 de septiembre de 2021

BENVIDOS AO CURSO 2021-22

 Estimadas familias: 

Damos comezo a este novo curso escolar con moita ilusión e co desexo de que todo se desenvolva coa maior normalidade posible. Estamos seguros de que coa colaboración familia-escola todo vai saír ben.  Dende o centro seguiremos poñendo todos os medios e esforzos posibles para garantir que os vosos fillos e fillas teñan o entorno máis seguro posible para o exercicio do seu dereito á educación.


O alumnado incorporarase á aulas o vindeiro xoves, día 9 de setembro; tal e como se recolle na 

Orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/22 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

O horario de entrada o día 9 será o seguinte:

            • 3 anos (horario de adaptación)
            • 09:15h - 09:30h: 4 anos
            • 09:30h - 09:45h: 5 anos
            • 09:45h - 10:00h: 1º Curso
            • 10:00h - 10:15h: 2º Curso
            • 10:15h - 10:30h: 3º Curso
            • 10:30h - 10:45h: 4º Curso
            • 10:45h - 11:00h: 5º Curso
            • 11:00h - 11:15h: 5º Curso

PREGAMOS PUNTUALIDADE E AXILIDADE NAS ENTRADAS PARA EVITAR AGLOMERACIÓNS.

Nos próximos días publicaremos o Protocolo de Adaptación do centro á situación COVID19.

NOVIDADE  TRANSPORTE: Para que o alumnado usuario excepcional do transporte poida facer uso deste servizo sen custo económico deben facer uso da tarxeta de transporte Xente Nova, coa que os importes inicialmente abonados seranlles reintegrados pola Xunta de Galicia nos termos previstos para esta tarifa, dos que se ofrece información na web www.bus.gal.

Un afectuoso saúdo e moito ánimo.