jueves, 21 de diciembre de 2017

ACTIVIDADES FIN DE TRIMESTRE



E hoxe, para rematar o trimestre, tivemos unhas actividades moi divertidas.
Asistimos a un taller de consumo, no que aprendemos que podemos pasalo xenial construíndo nós os xoguetes. Fixemos un papaventos! E se os mercamos, xa sabemos identificar a etiquetaxe para que sexan seguros. Tamén se disputaron as finais do torneo de tenis de mesa, no que alumnado e profesorado o pasamos xenial. Bo Nadal a todos e todas, Vémonos á volta con máis novas.




martes, 19 de diciembre de 2017

BO NADAL!!!

 

                            O CEIP BIBEI DESÉXAVOS UN BO NADAL E FELICES FESTAS!!!

                                VÉMONOS MAÑÁ ÁS 10:30 NO FESTIVAL DO COLE.



domingo, 3 de diciembre de 2017

DÍA DA MÚSICA




   O pasado 24 de novembro reuniámonos no salón de actos do centro para conmemorar o Día da Música. O alumnado de 6º preparou unha presentación dende a asignatura de Relixión sobre o patronazgo e a vida de Santa Cecilia, por ser a patrona dos músicos; tamén nos agasallaron cun concerto durante o que poidemos disfrutar dun repertorio moi variado, dende cancións tradicionais galegas a cancións da música actual, pasando por cancións do mundo





miércoles, 29 de noviembre de 2017

A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR


Con motivo da conmemoración do día dos "Dereitos da infancia" e o "Día internacional contra a violencia de xénero", leváronse a cabo distintas actividades no centro. O xoves día 23 fomos convidados dende o CIM do concello de Viana do Bolo á representación da obra "A nena que quería navegar" na casa da cultura. Trátase dunha comedia na que a través de técnicas de reforzo positivo téntase mellorar a autoestima dos nenos e nenas ante unha situación de acoso escolar. Á representación da obra acudiron os nenos e nenas de primaria e os nenos e nenas de primeiro da ESO do instituto.








lunes, 27 de noviembre de 2017

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


   Os alumnos e alumnas de Educación Infantil contribuímos a fomentar a igualdade entre nenos e nenas e censurar a violencia de xénero coa elaboración dun mural na que participamos todos/as.


                                       

martes, 14 de noviembre de 2017

PLAN DIRECTOR



O luns, 20 de novembro terán lugar unhas charlas informativas polo Plan Director, no que se tratarán os temas: acoso escolar  e risco en internet
 Pola mañá estarán dirixidas ao alumnado de 5º e 6º .
Pola tarde, ás 17:00h  na biblioteca do CEIP BIBEI terá lugar a charla dirixida a profesorado e familias. 
Rógase a súa asistencia pola importancia dos temas a tratar.

Par máis información consultar o seguinte enlace: Plan director.

domingo, 12 de noviembre de 2017

Samaín Ceip Bibei 2017



      

O pasado 31 de outubro festexamos o Samaín no noso cole cunha morea de actividades. Nada máis entrarno colexio déronnos os bos días unha morea de cabazas que os nenos e nenas prepararon coas súas familias  con moito agarimo. 
O colexio estaba espectacular!, daba terror pasar polos corredores porque te podías atopar con pantasmas ou enredarte nalgunha tea de araña.
            Os máis pequenos tiveron oportunidade de asistir a unha sesión de contacontos representada polos maiores. Tamén descubrimos as nosas dotes culinarias e artísticas en dous talleres elaborando comidas terroríficaaas e monstruos que metían meeeedooo. E, como non hai festa sen baile…, todo o cole bailamos e cantamos unha popular canción do Samaín: “Tumba, tumba”, eso sí, coa nosa propia versión. Para rematar a xornada,
nada mellor que un  terrorífico desfile onde fixeron a súa aparición gatos negros, pantasmas, esqueletes…


Moitísimas grazas a todos e todas pola vosa colaboración e entusiasmo.



viernes, 10 de noviembre de 2017

TODOS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA



Todos contra a violencia machista.

O día 25 de novembro é o día  internacional contra a violencia machista. O alumnado de primaria do  CEIP  Bibei  participará o día 23 na  actividade organizada  polo Concello na Casa da Cultura, a representación teatral “A nena que quería navegar”.


Agradecemos o convite do Concello.

miércoles, 8 de noviembre de 2017

CONCURSO



                     COLABORA COA TÚA  FAMILIA, DESEÑA UN LOGO PARA O
                                                      NOSO COLE!!!

                     CONSULTA AS BASES

domingo, 29 de octubre de 2017

SAMAÍN



COMEZA O SAMAÍN NO CEIP BIBEI!!! Vai preparando a túa cabaza e o teu terrorífico disfraz.





COIDEMOS OS MONTES



    Galicia é unha das comunidades onde se producen maior número de incendios. Os alumnos/as do Ceip Bibei queren unirse a todos os que loitan por defender e coidar os nosos montes do lume dicindo Nunca Máis. STOP aos incendios.




       FOTOS.

DÍA DA BIBLIOTECA



     O día 24 de outubro, con motivo da celebración do Día da biblioteca os nenos e nenas de infantil e primaria acudimos á biblio do noso cole, invitados pola nosa mascota, a Xoaniña Lisa. Ata nos mandou unha carta para invitarnos!!! Alí coñecemos os escornabots que nos ensinaron un montón de cousas divertidas. Pasámolo xenial!! Grazas á Xoaniña Lisa e ao Equipo de Bibliotecas por ese momentiño tan bo que nos fixeron pasar. Ata o ano que vén.


                                       



                                                          Fotos.

sábado, 9 de septiembre de 2017

viernes, 30 de junio de 2017

Deporteando no Bibei



Por fin remata o curso 2016/2017 e con él tamén remata a tempada deportiva. Moitos foron os esforzos, éxitos e tamén os sin sabores do fracaso e a derrota pero coa satisfación de saber que fixemos canto estuvo nas nosas máns para evitala.

¡ Unha grande aperta para o noso alumnado e boas e merecidas VACACIÓNS!.✌✌







Galería de fotos.

martes, 27 de junio de 2017

Graduados e graduadas de 6º de Primaria

Un ano máis os veteranos e veteranas do CEIP Bibei despiden o cole para comezar unha nova etapa na que esperamos que se sigan formando como persoas que acaden todo aquelo que se propoñan.

Só nos queda desexarvos moita sorte e pedirvos que sigades vendo ó Bibei como a vosa casa na que sempre seredes ben recibid@s. Moita sorte para todos e todas.

domingo, 18 de junio de 2017

Saída a Segovia e Madrid

VISITA LÚDICA E CULTURAL AS CIDADES DE MADRID E SEGOVIA

O alumnado de 4º, 5º e  6º  de primaria  realizamos a nosa   excursión de fin  de curso durante tres días  as cidades de  Segovia  e Madrid acompañados de catro mestres. Foi unha ledicia   percorrer andando  a fermosa e histórica cidade de Segovia  na que puidemos  observar  coa axuda dun estupendo guía turístico  o  impresionante acueducto romano, o barrio xudeo, grandes casas  señoriais con  escudos, esculturas en rúas e prazas,  a catedral, o antigo  cárcere, o Alcázar,  os xardíns  de Fernando VII;  para rematar na Alameda da Fuencisla onde comemos xunto ao río Eresma, lugar este no que a natureza mestúrase, coa historia, tradicións e cultura nun impresionante marco natural. Os seguintes días en Madrid visitamos  o centro da cidade cheo de  emblemáticos lugares como a Porta do Sol, Praza Maior, Praza de Isabel II, Palacio Real, a Almudena etc...  que representan o Madrid clásico. O segundo día  estivemos disfrutando do parque de atraccións  e o último  día non puido ser mellor visitando  o  zoolóxico no cal asistimos a tres exhibicións e contemplamos toda a flora e fauna do zoolóxico. Para ver o  ben que o pasamos na nosa excursión entrade na galeria de fotos.



martes, 13 de junio de 2017

A miña mascota



AO LONGO DESTE CURSO ACADÉMICO, AS NENAS E NENOS DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, LEVAMOS A CABO UN PROGRAMA QUE SE ATOPA INCLUÍDO NO "PLAN PROXECTA", E CHÁMASE "PROTEXE AOS ANIMAIS".
TRÁTASE DUN PROGRAMA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA PROMOVIDO POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, QUE TEN COMO FINALIDADE A CONCIENCIACIÓN DO ALUMNADO NA PROTECCIÓN E NO RESPECTO POLOS ANIMAIS, CO FIN DE GARANTIR A SÚA TENZA RESPONSABLE.

NA  PRIMEIRA ETAPA DO PROGRAMA PARTIMOS DA TEMÁTICA “A MIÑA MASCOTA”, ONDE O ALUMNADO DESCRIBIU OS ASPECTOS MÁIS IMPORTANTES DE CADA UNHA DELAS

.O SEGUINTE PASO FOI O DE ENSINARLLE O TRABALLO AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.







NA SEGUNDA ETAPA DO PROGRAMA OS NENOS E NENAS ELABORARON UN CONTO E UNHA MAQUETA, ONDE OS ANIMAIS FORON OS PROTAGONISTAS PRINCIPAIS DA HISTORIA. 






miércoles, 31 de mayo de 2017

Os diferentes ovos das aves.


Os alumno@s de 5º e 6º do programa QUERO + gozaron dunha tarde aprendendo e investigando sobre os ovos de diferentes aves.
Aprenderon as características dos distintos ovos e tamén viron e tocaron ovos de pato, faisán, paspallas ….
Aprenderon a distinguir as características dos ovos de galiña segundo o código que levan impreso no cascaron.
E por último fixeron varios experimentos cos ovos: ovo saltarín, meter un ovo dentro dunha botella sen que se rompa.
Tamén aprendemos a saber  a frescura de un ovo, e cantos días pode ter.
Jose Novoa ensinounos os distintos ovos de galiña que ten e falounos das características e procedencia destes animais.

Foi unha tarde entretida e moi divertida.




domingo, 28 de mayo de 2017

Día das letras galegas



Celebramos o  Día das  Letras Galegas  acompañados polo Ceip de Vilariño de Conso e o Ceip da Veiga  .
Foi unha xornada na que os/as alumnos/as tiveron a oportunidade de relacionarse e convivir con nenos e nenas doutros centros educativos, no desenvolvemento das actividades preparadas polos tres colexios para celebrar este día.    
Comezamos co circuíto lúdico baseado nos “ Xogos populares “ onde os/as alumnos/as participaron en diferentes obradoiros:  
" Carreira de sacos ", " As tres en liña ", " Os bolos ", " Os zancos ", " As cadeiras ", " Os pintores ", " As chapas" e " Quen sabe máis .."
Ao remate do circuíto os/as  alumnos /as bailaron e cantaron cancións populares co Home Orquestra. Todos quedamos abraiados co seu espectáculo e a súa vitalidade.
Rematamos as actividades xantando todos xuntos no patio do colexio.  
Grazas a todos e todas pola vosa colaboración e  entusiasmo neste día.

Álbum de fotos.


 
   

miércoles, 24 de mayo de 2017

Finalista Certame literario


Parabéns para a  nosa alumna de 6º,  Carla Alvar Yáñez,  2ª  finalista do Certame literario convocado polo IES Carlos Casares co gallo do día das Letras Galegas 2017.
Carla sorprendeu ao xurado cun relato cheo de beleza e fantasía.

Parabéns...!!! Que a este recoñecemento lle sigan moitos máis.


EXPERIMENTOS CASEIROS


Os alumn@s de sexto curso convidaron aos seus compañeiros de quinto a unha sesión na súa aula onde estes puideron  observar distintos experimentos que levaron a cabo.
Cada alumn@ sorprende aos seus compañeiros cun experiemento que previamente preparou.

Os alum@s de quinto quedaron abraiados con distintos experimentos como  fritir un ovo en frío,  distintos volcáns, ovo saltarín, fluído non newtoniano...etc.

domingo, 14 de mayo de 2017

PAXAROS DA CONTORNA


 O alumnado de 5º e 6º do Programa " Quero Máis" continuou ampliando coñecementos en relación á ornitoloxía. Este xoves, contamos coa colaboración dun pai do centro, Pablo Óscar González, que nos mostrou máis dunha veintena de paxaros que podemos observar polas contornas de Viana e Vilariño. A partires de agora imos apreciar e desfrutar máis cada vez que vexamos un paxaro, porque xa identificaremos un Ferreiriño, un Paporrubio, un Peto Real... Coñecer a riqueza natural é o primeiro paso para amala e protexela. Grazas Pablo.



jueves, 11 de mayo de 2017

DÍA DO LIBRO


Este ano celebramos o Día do Libro  de forma diferente nun acto conxunto na biblioteca,  e para elo contamos  por primeira vez coa presenza de forma solidaria  da escritora galega Marica Campo,  que tamén nos regalou para a biblioteca algunhas obras da súa ampla produción literaria. Previamente na aula de 5º o alumnado  fíxolle unha entrevista en directo á escritora e pasárono moi ben.

FINALISTAS DO CONCURSO ¿ QUÉ ES UN REY PARA TI?




Un ano máis o noso colexio é un dos finalistas da fase autonómica  do concurso convocado  pola FIES e a Fundación Orange ¿Qué es un rey para ti? Nesta 36ª  edición as finalistas son Elena e Noa de 5º de primaria que  no mes de xuño viaxarán a Santiago  a recoller no MUPEGA  as acreditacións e agasallos correspondentes. Noraboa a elas  polos seus traballos e as súas familias por colaborar.


             

jueves, 4 de mayo de 2017

RECONECEMENTO DE AVES POLO SEU CANTO


 O alumnado de 5º e 6º do Programa " Quero Máis " convertéronse durante un par de horas en ornitólogos voluntarios do Programa SACRE.
 Mediante un programa de simulación practicaron o recoñecemento de aves polo seu canto.




Acoso Escolar



          O pasado xoves día 20 de abril o alumnado de 4º, 5º e 6º asistíu a unhas charlas formativas polo Plan Director, no que se tratou a temática sobre acoso escolar e riscos na internet. Foron impartidas por profesionais da Garda Civil. Pola tarde, estiveron destinadas ao profesorado a ás familias.




lunes, 1 de mayo de 2017

Croma Key



  Preparamos un telexornal coa técnica audiovisual  Croma Key utilizada  tanto no cine, televisión   e fotografía. Esta consiste na extración dunha cor ( neste caso  verde) e remplazar esa área que ocupaba a cor por unha imaxe o un video.
  Os nenos/as de 5º e 6º escribiron o guión e dirixiron a gravación. Rimos moito e pasámolo de maravilla. Esperamos repetir o ano que ven.


Cupcakes



Unha das actividades que puideron levar a cabo os alumnos de quinto e sexto  que forman parte do programa  "Quero +, que se está desenrolando este curso no noso colexio, foi a elaboración de cupcakes.

A sesión foi todo un éxito e aos alumnos encantoulles poder elaborar estes doces, decoralos de forma divertida e por suposto degustalos... uummm!!!









Xogos Cooperativos




O día da Paz tiñamos programados uns xogos cooperativos para levar a cabo en colaboración cos alumnos de primeiro da E.S.O. do I.E.S. Carlos Casares  e debido as condicións climatolóxicas adversas non se puideron facer.
O tempo acompañounos para poder realizalos antes de marchar de vacacións de Semana Santa.

A xornada foi todo un éxito e os nenos pasárono moi ben como podedes ver nas imaxes. 





martes, 4 de abril de 2017

CIENCIAS DIVERTIDAS

O martes día 28 de marzo as alumnas e alumnos de 4º de Primaria tiveron a sorte de contar coa visita de Pablo, o veterinario da nosa localidade, que nos axudou a ver as ciencias desde un punto  de vista máis práctico e divertido.
Os alumnos e alumnas observaron , a través dun microscopio, as células do sangue dun can e as células dunha cebola; puideron ver como funciona o ecógrafo e; manipularon un corazón de porco  identificando as súas partes.

A experiencia resultou moi divertida, innovadora e interesante.

Moitas grazas a Pablo en nome da mestra e dos alumnos/as de cuarto.







VOLCÁN EN ERUPCIÓN


Os alumnos de quinto e sexto do programa "Quero Máis" elaboraron, con material de reciclaxe, uns volcáns que farían erupcionar realizando unha reacción química con vinagre e bicarbonato.
O experimento foi todo un éxito e os alumnos / as amosaron un gran interese e motivación na realización da actividade.












miércoles, 8 de marzo de 2017

Boneco crecepelo

BONECO CRECEPELO

 Os nenos e nenas de 6º fixemos uns bonecos crecepelo. Son xeniais!!! e ademais están moi fáciles de facer!!!
 Soamente necesitas: unha media, terra, sementes de céspede ou alpiste para paxaros, gomas elásticas e cousas para decorar como ollos e cartulina.
        1. O primeiro que tes que facer é pór 2 ó 3 culleradas de sementes no fondo dunha media.                       Despois énchea pola metade con terra. Por último cerras a media cun nó e fas unha especie de             pelota. Cortas a media que che sobra.

       2. Cando teñas unha pelota, farás unha boliña para facer o nariz, e logo dálle un par de voltas.                 Tamén podes facerlle orellas. Despois pódelas amarrar cunha goma elástica para que non se                 che desfagan.

       3. O último é decorar o boneco.

       4. Cando rematamos de decorar o boneco colocámolo nunha tapiña un pouco fonda para poder                botarlle cun pouco de auga. É importante pórlle un pouco de auga de cando en vez, e que a                  media estea tocando a auga para que a poida absorber.

 TACHÁÁÁNN...!! Por arte de maxia saiulle peloooo!! Nunha semana aproximadamente xa lle empezaron a medrar os primeiros pelos aos bonecos. Agora temos montada unha perruquería na clase, como podedes ver nas fotos... Cortámoslle o pelo, facémoslles coletas... jajaja

  GALERÍA DE FOTOS

jueves, 2 de febrero de 2017

Qué es un rey para ti?




C.E.I.P. BIBEI
Un ano máis os alumnos/as de 5º e 6º de primaria participan no concurso “¿Qué es un rey para ti?”


Todos os traballos xa foron enviados a Madrid a espera do veredicto do xurado.

Esperamos poder visitar Santiago como en anos anteriores… e xa postos a pedir… tamén a Zarzuela!!!


Moita sorte para todos/as!!!



jueves, 26 de enero de 2017

Taller da Paz


Hoxe,  realizamos no cole un taller da Paz. Tivemos a sorte de contar coa axuda de Ana, a mamá de Diego de catro anos. Contóunos un conto moi bonito chamado " A árbore da palabra" e fixemos un taller moi divertido " A botella da calma". Pasámolo XENIAL!!!!.
Moitas grazas a Ana por vir e ensinarnos cousas tan divertidas.


    FOTOS

martes, 24 de enero de 2017

ESCOLARIZACIÓN ALUMNADO 2017/2018



ESCOLARIZACIÓN ALUMNADO 2017/2018



 O CEIP “Bibei” informa que se abre o período de reserva de praza para o vindeiro curso 2017/2018, segundo o Decreto 254/2012, do 13 de decembro, de escolarización do alumnado. O período de reserva de praza é dende o 1 ata o 15 de febreiro de 2017. Poden pasar por Secretaría a recoller o impreso de solicitude de reserva ou cumprimentalo a través da aplicación informática www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 




                             Viana do Bolo, 23 de xaneiro de 2017.

                             A Dirección do centro.