viernes, 22 de junio de 2018

IX CARREIRA SOLIDARIA.




       O  xoves día 14 celebramos a IX Carreira Solidaria. Grazas pola vosa colaboración.







EDUCACIÓN VIAL




O venres, 15 de xuño, levamos a cavo no CEIP Bibei unhas xornadas de “Educación Viaria”,nas que participaron os alumnos do CEIP San Martiño de Vilariño de Conso , os de 1º de ESO do IES Carlos Casares e o alumnado do CEiPBibei de Viana do Bolo.

As xornadas consistiron en charlas informativas, talleres de debuxo e primeiros auxilios organizados pola cruz vermella, circuítos de karts, bicicletas, patinetes e patíns; e da presenza de diferentes vehículos de tráfico, policía local, protección civil, camións de bombeiros e a ambulancia.

O alumnado recibiu información de nocións básicas sobre a seguridade viaria e puido coñecer de cerca o traballo dos distintos colectivos e os seus vehículos.



             
                                                                   GALERÍA.

jueves, 21 de junio de 2018

Lodoselo




O día 29 de maio os alumnos e alumnas de 3º e 4º foron de excursión a unha pequena aldea chamada Lodoselo, situada na provincia de Ourense.
Alí, realizaron distintas actividades que lle permitiron conectar co mundo rural.  Así, por exemplo, fixeron pan e decorárono ao seu estilo, somerxéronse na técnica do reciclado de papel, montaron nun carro guiado por un burro, acariciaron e colleron diversidade de animais e… ata alimentaron a unhas cantas ovellas que estaban famentas!
Despois destas actividades e de encher o estómago, os monitores e monitoras que traballaban na aldea invitáronos a particiar nunha serie de xogos populares, nos cales os nenos e nenas disfrutaron e conectaron coas épocas pasadas.
Como mostra do ben que o pasamos, deixámosvos as fotos deste día tan marabilloso.






Galería.