jueves, 21 de junio de 2018

Lodoselo




O día 29 de maio os alumnos e alumnas de 3º e 4º foron de excursión a unha pequena aldea chamada Lodoselo, situada na provincia de Ourense.
Alí, realizaron distintas actividades que lle permitiron conectar co mundo rural.  Así, por exemplo, fixeron pan e decorárono ao seu estilo, somerxéronse na técnica do reciclado de papel, montaron nun carro guiado por un burro, acariciaron e colleron diversidade de animais e… ata alimentaron a unhas cantas ovellas que estaban famentas!
Despois destas actividades e de encher o estómago, os monitores e monitoras que traballaban na aldea invitáronos a particiar nunha serie de xogos populares, nos cales os nenos e nenas disfrutaron e conectaron coas épocas pasadas.
Como mostra do ben que o pasamos, deixámosvos as fotos deste día tan marabilloso.






Galería.

No hay comentarios:

Publicar un comentario