martes, 30 de agosto de 2022

BENVIDOS AO CURSO 2022-23

 Estimadas familias:

Damos comezo a un novo curso escolar con moita ilusión, e co desexeo de que todo se desenvolva coa maior normalidade posible. Estamos seguros de que coa colaboración familia-escola todo vai saír ben. Dende o centro seguiremos poñendo todos os medios e esforzos posibles para garantir que os vosos fillos e fillas teñan o entorno máis seguro posible para o exercicio do seu dereito á educación.


O alumnado incorporarase á aulas o vindeiro xoves, día 8 de setembro, tal e como se recolle na Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.


O horario de entrada o día 8 será o seguinte:

      • 3 anos (horario de adaptación)
      • 09:15h - 09:30h: Infantil 4 anos e 5 anos
      • 09:30h - 09:45h: 1º e 2º Curso
      • 10:00h - 10:15h: 3º e 4º Curso
      • 10:15h -10:30h: 5º e 6º Curso
O alumnado transportado pode facer uso do mesmo dende o primeiro día.

NOTA RECORDATORIA: Lembren que segue aberto o prazo para solicitar a colaboración no comedor escolar ata o  8 de setembro.

Un afectuoso saúdo.