lunes, 25 de noviembre de 2019

Taller de primeros auxilios.



Taller de primeiros auxilios: Pupas, sustos y otros disgustos.

O alumnado de 3º e 4º participaron na actividade de primeiros auxilios levada a cabo por profesionais de enfermería pertencentes á Xerencia de  Xestión Integrada de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras. A finalidade da actividade é que os nenos e nenas adquiran nocións básicas de primeiros auxilios a través da práctica e  o xogo.
 Nos obradoiros,  partindo do xogo e a práctica, o alumnado aprendeu  a enfrontarse a situacións da vida cotiá como:  Curar feridas,  tratar unha queimadura, por unha venda,  facer un masaxe cardiaco, medir a temperatura, colocar a unha persoa na posición de seguridade despois dun accidente,  etc…
A actividade, na súa totalidade,  resultou moi motivadora, interesante e útil para todos.  Queremos dar as grazas e felicitar ás enfermeiras e ao enfermeiro, que impartiron os obradoiros, pola súa implicación e entusiasmo cos nenos e nenas  nas actividades e a boa disposición durante todo o tempo .




           
                           
         







jueves, 21 de noviembre de 2019

Videoconferencia desde a Estación Biolóxica de Doñana.



O día 5 de novembro  de  2019 o alumnado de 3º  e 4º de primaria como consecuencia de desenvolver  un proxecto sobre as abellas, tivo a  honra de recibir unha videoconferencia por Skype  de case unha hora,  dende o Parque Nacional de Doñana a cargo de D. Ignasi Bartomeus, investigador e científico  do Consello Superior de Investigacións Científicas  e considerado  actualmente como  o experto máis importante sobre as abellas en España. Explicounos varias cousas sobre as abellas silvestres as súas  semellanzas e diferenzas coas abellas do mel,  a súa importancia como axentes polinizadores e de mantemento do equilibrio do ecosistema, e tamén o  impacto do cambio climático, enfermedades e pesticidas  que están diezmando as poboacións de abellas. Finalmente recomendounos sementar plantas e flores no noso xardín  para que non desaparezan as abellas.
Foi una videoconferencia moi dinámica, amena e interesante  que despertou  no alumnado moita curiosidade e motivación.
Queremos darlle as grazas desde o noso blog ao investigador da estación biolóxica de Doñana  e profesor D.  Ignasi Bartomeus por compartir connosco a súa sabedoría que é moita  e o seu tempo de forma solidaria con esta videoconferencia. Oxalá houbera máis oportunidades de contar con expertos disa categoría que tanto poden aportar ao noso alumnado!!



       


 Consuelo Losada - Titora de cuarto

miércoles, 13 de noviembre de 2019

Magosto

 

                                                  Magosto no Ceip Bibei!!!



miércoles, 30 de octubre de 2019

PREPARANDO O SAMAÍN


Os maiores do colexio prepararon unha coreografía coa canción "O Samaín" de Uxía Lambona e a Banda Molona para ensiñarlla aos demais cursos. Mirade que ben o fixeron!








miércoles, 23 de octubre de 2019

Charla sobre a apicultura.


O venres, día 18, o alumnado de terceiro e cuarto recibiron a visita de Xulio, pai dunha alumna de terceiro, Marinha, para falarnos sobre o seu traballo como apicultor .  Xulio  trouxo  unha colmea chea de sorpresas! Explicounos como viven as abellas; as partes dunha colmea e a súa función; como elaboran as abellas o mel nas colmeas e;  como extraen os apicultores o mel.                                                                                                        Os nenos e nenas puideron probar o traxe e observar o afumador que empregan para traballar preto das abellas; probaron o pole que é extraido duns saquiños das patas das abellas cando entran nas colmeas.  Ficamos abraiados con tódalas cousas que aprendemos!                                      Xulio  falounos das enfermidades que na actualidade poden por en perigo a vida da colmea e da necesidade de coidar o noso  entorno para protexer o seu habitat.
Queremos darlle as grazas a Xulio por compartir connosco o seu tempo e axudarnos a coñecer un pouquiño mellor a súa labor como apicultor e a importancia de valorar os recursos que temos ao noso alcance.

       







            



 .

viernes, 28 de junio de 2019

FIN DE CURSO

Dende o Equipo Directivo do CEIP Bibei desexámosvos a toda a comunidade educativa unhas felices vacacións.

As clases reanudaranse o 11 de setembro ás 9:15h.


jueves, 27 de junio de 2019

ANIVERSARIOS DE 3 ANOS


Xa temos 4 anos!!!







O CORPO 3 ANOS



Apareceu un esqueleto desmontado en clase e puxémosnos a invetigar, como o podiamos  montar.




                                                                         Ver VÍDEO


VERMES DE SEDA DE 3 ANOS


Chegaron ovos de vermes de seda á clase, Naia era a encargada de traer as follas de moreira, tivemos a sorte de ver todo o ciclo.



                                                                                                                           Descarga AQUÍ

SOMOS ARTISTAS 3 ANOS


Descubrimos a KANDINSKY, MONDRIAN E ARCIMBOLDO.



                                                                                                                            Descarga AQUÍ

EXPERIENCIAS EN 3 ANOS


A neve chegou a Viana, foi todo un acontecemento. Puidemos tocala, ata fixemos un boneco de neve, eso si, a profe fíxonos pensar que lle podiamos poñerlle ollos, boca….
Aparecían notas, investigamos sobre os indios e chegou unha caixa que tiña un tipi e a nosa mascota.
Plantamos diferentes sementes, pero tiñamos un gran traballo en equipo por diante e contamos coa colaboración da profe Laura. Mentres uns clasificaban as sementes, outros escribían os nomes dos compañei@s, dous buscaban no ordenador con Laura os nomes das sementes para identificalos e outro grupo escribía o nome das sementes e finalmente plantamos.


                                                                                                                            Descarga AQUÍ

miércoles, 26 de junio de 2019

II Ruta de MTB Ciclo-escolar.




O día 21 de maio realizouse no centro a II Ruta de MTB Ciclo-escolar, onde o alumnado de 5º e 6º de EP realizou unha ruta de bicicletas para así por en marcha o aprendido nas xornadas de Educación Vial e practicar as normas de circulación. Esta, tivo unha duración aproximada de 3 horas, onde as vías utilizadas foron camiños, carreteras secundarias e primarias, así como as rúas da vila de Viana do Bolo.


           

Carreira Solidaria.

Como cada ano dende vai unha década, tivo lugar no CEIP Bibei, o día 13 de xuño a “CARREIRA SOLIDARIA”. Nesta participou todo o alumnado do centro, os cativos da Galiña Azul e as familias. O obxectivo foi recaudar donacións para a ONG “Save the children”. Moitas grazas a todos e todas por participar e colaborar.


jueves, 20 de junio de 2019

CEIP BIBEI DE VIANA DO BOLO , JORNADA DE EDUCACIÓN VIAL.

Xornada de Educación Vial no Ceip Bibei

O día 14 de xuño o alumnado do CEIP Bibei participou, un ano máis, nas Xornadas de Educación Vial, xunto a escolares dos colexios da Veiga, Vilariño de Conso e os alumnos de 1º de ESO do IES Carlos Casares. O noso patio converteuse nun escenario de distintas actividades. Este ano contamos coa participación do helicóptero e a Garda Civil da DXT; coa Protección Civil, a Policía Local e o 061 de Viana do Bolo; o GES o camión de bombeiros e a cruz vermella da Gudiña.

jueves, 6 de junio de 2019

APRENDENDO CON JORGE, GABI E ANTONIO




     Grazas a visita de Jorge e Gabi aprendemos moitísimo sobre o entroido en Viana e             pasámolo xenial, tamén temos que agradecer a colaboración de Marisol e o profe Pepe,       xunto con Mauro ao bombo (son do bombo) Que sorte tivemos!!!



     


miércoles, 5 de junio de 2019





As alumnas de sexto de primaria Sara González Conde e Arancha Rodríguez Diéguez quedaron finalistas  do 38 Concurso “ ¿ Qué es un rey para ti ?  Organizado pola Fundación Institucional Española e patrocinado pola Fundación Orange.
A entrega de premios tivo lugar na Escola Galega da Administración Pública ( EGAP ) en Santiago de Compostela. A este evento acudiu a Conselleira de Educación, o representante de FIES e o representante institucional  de Orange.
 Foi unha magoa que Sara e Arancha non puideran asistir ao acto por estar de excursión de fin de curso en Madrid. No seu lugar recolleron os premios as súas nais acompañadas pola súa titota .
Parabéns para as dúas polos vosos traballos!!!!  


Arancha Rodríguez Diéguez



Sara González Conde.
         

sábado, 1 de junio de 2019

Visita do alumnado de sexto ao IES Carlos Casares




O martes  o alumnado de sexto de primaria achegouse  ao IES Carlos Casares para celebrar a Feira das Ciencias  e ter un día de convivencia no centro cos futuros compañeiros e profesores.
Participaron na Feira das Ciencias , xunto cos alumnos da Veiga, Vilariño e  A Gudiña, cos seus experimentos científicos; percorreron as distintas instalacións do centro; e foron informados das diferentes actividades, actos , excursións, etc.. polos alumnos de 1º da ESO.
Asistiron a unha conferencia sobre o cerebro impartida  polo gran comunicador  Xurxo Mariño , biólogo especializado en neurociencia.
Moitas grazas aos profesores pola súa amabilidade e a súa acollida  aos futuros alumnos de primeiro da ESO.


                                                                          
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                 

Día das letras galegas: Antón Fraguas.




Circuíto Lúdico - lector.

 O 16 de maio celebramos “  O día das letras galegas “  no Ceip Eduardo Ávila Bustillo da Veiga. Participamos, no circuíto lúdico - lector , o Ceip Bibei, o Ceip San Martiño e o Ceip Eduardo A. Bustillo.
O tema escollido para a realización do circuíto foi “ As nosas lendas “. Recollimos lendas dos tres concellos para elaborar as actividades e os xogos dos obradoiros e tamén traballamos a vida e obras do autor agasallado, Antón Fraguas. Algúns dos obradoiros nos que os alumnos e alumnas participaron foron : “Os escornabots “, “ Que medre a lingua “, “ A pesca das lendas “, “ A xoiaría “ , “ Quen sabe máis …” ,  “As tres en liña “, “ Recordando a Veiga “, etc…  Unha morea de actividades de carácter lúdico para que o alumnado puidera desfrutar e aprender ao mesmo tempo.
Para rematar o evento contamos coa actuación do  Mago Rafa que asombrou a grandes e pequenos cos seus trucos onde a imaxinación, ilusión e fantasía foron os ingredientes principais.

Dende o EDL queremos dar as grazas  a todos os compañeiros/as  e alumnado pola súa colaboración e entusiasmo  na realización do circuíto lúdico – lector.

Quen sabe máis de ...?

Os escornabots

O Mago Rafa






domingo, 5 de mayo de 2019

YOGA



     Hoxe fixemos YOGA na aula de catro anos!!!. Incrible a experiencia GRAZAS Susana cando queiras repetimos.



Desacarga as imaxes

Ponlle as pilas ao teu bocata



O xoves 23 de marzo, desenvolveuse no centro o obradoiro “Ponlle as pilas ao
teu bocata”. Esta é unha campaña para dar a coñecer as múltiples virtudes das
conservas de produtos do mar. Na primeira parte do obradoiro o alumnado coñeceu os
nutrientes que aportan a alimentación estes produtos, e na segunda desfrutaron
elaborando un bocadillo con eles.


viernes, 22 de marzo de 2019





AMPLIADO O PLAZO DE PRESENTACIÓN DO CONCURSO FOTOGRÁFICO DO ENTROIDO ATA O DÍA 29 DE MARZO!!!

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!



miércoles, 13 de marzo de 2019

Grandes Chefs!!!



      Hoxe transformamos a nosa aula de catro anos nunha pizzería. Foi toda unha festa, repetiremos a experiencia!!!. Grazas a Pinchacarneira por prestarnos o seu forno.


   

lunes, 18 de febrero de 2019

Visita sorpresa!!!


Hoxe visitáronos no cole Jorge e Gabi!!!. Aprendimos moitas cousas, a roupa que levan os boteiros a función que realizan no fulión, dobramos e picamos papel... fixemos moitas cousas divertidas.
 Jorge e Gabi regaláronos tamén unha máscara chulísima para colorear, MOITAS GRAZAS POR VIR, podedes volver cando queirades.








MANDAS 2019