jueves, 24 de febrero de 2022

ENTROIDO 2022

 Este curso escolar retomamos o desfile de Entroido polas rúas da nosa localidade. O folión, os disfraces, a ilusión dos nenos e nenas reflectidos neste vídeo e nestas fotos. FELIZ ENTROIDO¡



















miércoles, 23 de febrero de 2022

EXCURSIÓN Á ESTACIÓN DE MONTAÑA DE MANZANEDA

 Un ano máis o CEIP Bibei participou no programa Esquiou da Deputación de Ourense.

Nesta viaxe embarcáronse 19 alumnos e alumnas dos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º. Foron tres días nos que puideron disfrutar da  neve e de diferentes actividades de sendeirismo, piscina, tiro con arco, etc.

Agardamos poder seguir participando en vindeiros cursos.

                                                                      Preme na imaxe.


viernes, 18 de febrero de 2022

XOVES DE COMPADRES

 Aquí vos deixamos unha mostra de como vivimos o Xoves de Compadres no CEIP Bibei. 

O noso agrademento  ao IES por virnos a visitar.




CARREIRA PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

 Vinte e catro alumnos e alumnas do CEIP Bibei acudiron á proba provincial que se celebrou en Ribadavia o domingo día 13 de febreiro, na área deportiva do Xestal.

Tres equipos completos defenderon o pavillón  deportivo do centro na categoría Benxamín Masculino e Feminino; e outro na categoría Alevín Feminino.

O resto dos integrantes da expedición reforzaron os equipos federados do ADAS do Barco.

Os resultados foron estupendos, destacando o  4º e  o 5º posto acadados na categoría Benxamín Feminino e Masculino respectivamente (Nenos e nenas de 2º e 3º de educación primaria.).

Por outra banda, tres atletas do centro (Carla, Noa e Carmen), clasificáronse para acudir ao Campionato Galego de C.A.T. que se celebrará este domingo 20 de Febreiro de 2022. BOA SORTE RAPAZAS!!



lunes, 14 de febrero de 2022

NOVAS DO EQUIPO COVID

 Información a cerca das últimas modificacións sobre a  obrigatoriedade do uso da mascarilla no centro.        

                                                                                 PREME NA IMAXE


 

domingo, 13 de febrero de 2022

"VIANA NO CAMIÑO": 1ª ETAPA (Orense- Cea-Dozón)

No marco do Proxecto de Centro "Viana no Camiño", nacido dende a biblioteca do centro, levouse a cabo unha saída co alumnado de 5º e 6º de Primaria promovida polos departamentos de Educación Física e Relixión en colaboración coas titoras de 5º e 6º.

Este mércores día 9 de xaneiro, este grupo de alumnos e alumnas acompañado de varios mestres e mestras chegaba á catedral de Ourense, onde eran recibidos polo bispo Don Leonardo, quen lles desexou un "Bo camiño!". E así daba comenzo a 1ª etapa do camiño, con esta primeira xornada dende Ourense ata Cea, que continuaría ao seguinte día  dende Cea ata Dozón.

Foron dous intensos días de convivencia, compañeirismo e superación, nos que todo saíu de marabilla, e onde a pesares de haber momentos duros, nunca se perdeu o sorriso e a ilusión. 

Felicidades, queridos nenos e nenas, polo voso exemplar comportamento, e que tamén nos trasladaron as xentes dos lugares polos que pasastes. 

Grazas a todos os mestres e mestras que fan este proxecto realidade. O noso agradecemento tamén para ás familias por acollelo con ilusión.


                                                                  Catedral de Ourense

                                                 Despois de andar un par de quilómetros...

Cea, empezando a 2ª xornada.

 



A MULLER NA CIENCIA

 O venres 11 de febreiro para conmemorar "O Día Internacional da Muller e Nena na Ciencia" fixémolo cun obradoiro de experimentos titulado "A Ciencia en Movemento", a cargo de Amparo e Suso, que de forma moi sinxela e ilustrativa explicáronlle ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria a pouca visibilidade que tiveron destacas mulleres desde sempre no ámbito científico.

Descubriron grandes inventos e a contribución dos mesmos ao desenvolvemento e ben da humanidade, pero que inxustamente foron atribuídos a homes pola sociedade patrialcal existente.

O noso agradecemento ao CIM do Concello de Viana do Bolo, que fixo posible a realización deste obradoiro.

                                                                       Preme na imaxe.

viernes, 11 de febrero de 2022

TALLER "PILABOT"

 O noso centro este ano participa por primeira vez no Concurso Pilabot, promovido pola Consellería de Medioambiente, Territorio e Vivenda, en colaboración con outras institucións cuxo obxectivo é que o alumnado e persoal docente do centro adquira os coñecementos necesarios e tome conciencia sobre a importancia da RECICLAXE DAS PILAS.

Para empezar quentando motores, realizamos un obradoiro teórico-práctico sobre as pilas e a súa reciclaxe, que resultou ser moi interesante e motivador para o alumnado.

Para gañar o concurso temos que recoller a maior cantidade de pilas posible durante seis semanas.