domingo, 13 de febrero de 2022

"VIANA NO CAMIÑO": 1ª ETAPA (Orense- Cea-Dozón)

No marco do Proxecto de Centro "Viana no Camiño", nacido dende a biblioteca do centro, levouse a cabo unha saída co alumnado de 5º e 6º de Primaria promovida polos departamentos de Educación Física e Relixión en colaboración coas titoras de 5º e 6º.

Este mércores día 9 de xaneiro, este grupo de alumnos e alumnas acompañado de varios mestres e mestras chegaba á catedral de Ourense, onde eran recibidos polo bispo Don Leonardo, quen lles desexou un "Bo camiño!". E así daba comenzo a 1ª etapa do camiño, con esta primeira xornada dende Ourense ata Cea, que continuaría ao seguinte día  dende Cea ata Dozón.

Foron dous intensos días de convivencia, compañeirismo e superación, nos que todo saíu de marabilla, e onde a pesares de haber momentos duros, nunca se perdeu o sorriso e a ilusión. 

Felicidades, queridos nenos e nenas, polo voso exemplar comportamento, e que tamén nos trasladaron as xentes dos lugares polos que pasastes. 

Grazas a todos os mestres e mestras que fan este proxecto realidade. O noso agradecemento tamén para ás familias por acollelo con ilusión.


                                                                  Catedral de Ourense

                                                 Despois de andar un par de quilómetros...

Cea, empezando a 2ª xornada.

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario