viernes, 17 de febrero de 2023

ENTROIDO 2023

Este ano inauguramos o Entroido  no CEIP Bibei cunha ronda de fulión polas rúas da vila e visita ás residencias. Despois viñeron toda unha sucesión de actividades nas que poidemos desfrutar da nosa tradición e compartir bonitos momentos.

Unha semana na que a música de fondo foi o son do fulión, animado coma sempre polo profe Pepe. Guiados polas mandas, cada día asistiamos ao centro vestidos dun xeito especial. 

O noso agradecemento tamén a Jorge Minas, porque un ano máis nos acercou á tradición do Entroido vianés a través de diferentes talleres. E como broche final, o noso desfile habitual polas rúas da vila acompañados da comunidade educativa do IES Carlos Casares, a gardería  A Galiña Azul e a residencia dos maiores.

Moitas grazas a todos os que nos acompañastes nestes días!


                                                              Preme na imaxe



miércoles, 15 de febrero de 2023

ESQUIOU-MANZANEDA 2023

 Un ano máis o alumnado do Bibei puido gozar de tres días brancos na estación de montaña de Manzaneda, e esta vez, a neve foi a gran protagonista da viaxe. Despois de varias estadías nas que non se puido esquiar, as nevadas caídas nas últimas semanas deixaron un manto branco na serra de Queixa que encheron as pistas. Ademais das clases de esquí o alumnado practicou natación, deslizouse coas pas, gozou da música e do baile...Como se divertiron!!!.






CAT 2023. (CAMPO A TRAVÉS)

 Por fin o xoves día 2 de febreiro o alumnado do Bibei xunto co de todos os centros pertencentes á Agrupación Deportiva Monterrei disputaron a fase comarcal en Tintores-Verín.

Nunha soleada mañá na que os participantes puideron gozar do deporte e da natureza e sobre todo da amizade, conseguíronse uns incribles resultados:

    . Catro primeiros postos a nivel individual (Noa-Roque-Claudia-André) nas seis carreiras disputadas,

      ademais dun campionato comarcal na categoría alevín feminina (nenas de 4º e 5º).

     . Un 2º posto por equipos na categoría benxamín e alevín masculino.

Estes resultados leváronnos á mañá do pasado sábado día 11 de febreiro, a gozar das finais provinciais de campo a tavés celebradas no circuíto do Aguillon-A Rúa, onde os nosos atletas demostraron a súa valía loitando cóbado a cóbado cos mellores equipos federados da provincia e conseguindo uns máis que merecidos resultados.

Pica na imaxe para ver as fotos.