jueves, 20 de diciembre de 2018

Festival de Nadal



                     Festival de Nadal do Ceip Bibei 2018. QUE BEN O FIXERON ESTES RAPACES E RAPAZAS. NORABOA PEQUES!!!



                   

miércoles, 19 de diciembre de 2018

FESTIVAL DE NADAL



    Todo listo no Ceip Bibei para celebrar o festival de Nadal. Non o podes perder, estará cheo de sorpresas.


     

jueves, 22 de noviembre de 2018

NON A VIOLENCIA MACHISTA



         No CEIP Bibei dicimos NON Á VIOLENCIA MACHISTA.



         




20 NOVEMBRO



    Con motivo da conmemoración do día dos "Dereitos da infancia", o martes día 20, tivo lugar a representación na biblioteca do colexio, o contacontos "Como axudo a Antón?".
    Trátase dun conto pedagóxico que fala do bulling. Un problema que por desgracia está presente na nosa sociedade. Entre todos temos que ser capaces de que cada vez sexan menos os nenos/as que o padecen.
    Á representación da obra acudiron os nenos e nenas de primaria.
    Esta actividade levouse a cabo en colaboración co CIM do concello de Viana do Bolo.

 






miércoles, 21 de noviembre de 2018

PROCLAMACIÓN CANDIDATURAS



                    PROCLAMACIÓN CANDIDATURAS CONSELLO ESCOLAR

                               Preme no enlace para consultar.

 

                         

Maña de cine



          O luns, 19 de novembro o alumnado de 5º e 6º de E.I. e 1º de Primaria,  xunto cos nenos e nenas de E.I. do CEIP "Ávila Bustillo" de A Veiga, pasamos "unha mañá de cine"  no Teatro Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras. Desfrutamos da película "Smallfoot", unha historia de amizade que nos transmite unha mensaxe de superación dos nosos medos ás diferenzas, dentro do marco da igualdade.


                                     

sábado, 17 de noviembre de 2018

Así comezamos este curso



 
Aquí podedes ver algúns dos momentos que vivimos no centro, compartindo experiencias, xogos, inquietudes…que pouco a pouco nos axudan a crecer en todos os aspectos.


  Preme para ir a GALERÍA.

viernes, 2 de noviembre de 2018

CONSELLO ESCOLAR




          Este curso escolar temos renovación dos membros do CONSELLO ESCOLAR. Consulta toda a información no apartado de NOVAS.

OBRADOIRO DE COCIÑA



                               Rematamos o SAMAÍN cociñando uns alimentos terroríficos. 


jueves, 1 de noviembre de 2018

SAMAÍN





    Festexamos o Samaín o día 31 de outubro coa exposición de cabazas na entrada do colexio, xogos de Samaín e un desfile no patio. A maioría das cabazas foron recollidas polo Concello da vila para realizar con elas unha exposición na praza e nas principais rúas da nosa localidade.



                               
                                                    PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS.

PLAN DIRECTOR





      O día 18 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria, asistiu ás charlas do PLAN DIRECTOR, impartidas por membros da garda Civil. Neste curso os temas tratados foron o acoso escolar e os riscos das novas tecnoloxías.





FRUTOTECA



  O día 5 de outubro o alumnado de primaria participou na actividade " A Frutoteca", unha actividade promocionada pola Asociación "5 AO DÍA", en colaboración coa empresa COVIRÁN, para promocionar o consumo de froitas e hortalizas frescas e fomentar hábitos de vida saudables. Nelas os nenos/as puideron ver o percorrido das Froitas e as Hortalizas con imaxes 3D e 360º.






lunes, 17 de septiembre de 2018

Carreira Solidaria Ceip Bibei



  NORABOA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP BIBEI!!!

  A carreira solidaria do curso 2017/18 superou todas as expectativas, alcanzando a cifra máis alta
da súa historia ... 400 EUROS; sendo esta a primeira vez que chegamos a estas cantidades.
  Agradecervos a vosa colaboración e animarvos a seguir participando nas seguintes edicións.




                             

jueves, 30 de agosto de 2018

CURSO 2018/2019



                       COMEZAMOS O NOVO CURSO ESCOLAR.

                                     DÍA: 12 DE SETEMBRO.
                                     HORA: 9:15

viernes, 22 de junio de 2018

IX CARREIRA SOLIDARIA.




       O  xoves día 14 celebramos a IX Carreira Solidaria. Grazas pola vosa colaboración.







EDUCACIÓN VIAL




O venres, 15 de xuño, levamos a cavo no CEIP Bibei unhas xornadas de “Educación Viaria”,nas que participaron os alumnos do CEIP San Martiño de Vilariño de Conso , os de 1º de ESO do IES Carlos Casares e o alumnado do CEiPBibei de Viana do Bolo.

As xornadas consistiron en charlas informativas, talleres de debuxo e primeiros auxilios organizados pola cruz vermella, circuítos de karts, bicicletas, patinetes e patíns; e da presenza de diferentes vehículos de tráfico, policía local, protección civil, camións de bombeiros e a ambulancia.

O alumnado recibiu información de nocións básicas sobre a seguridade viaria e puido coñecer de cerca o traballo dos distintos colectivos e os seus vehículos.



             
                                                                   GALERÍA.

jueves, 21 de junio de 2018

Lodoselo




O día 29 de maio os alumnos e alumnas de 3º e 4º foron de excursión a unha pequena aldea chamada Lodoselo, situada na provincia de Ourense.
Alí, realizaron distintas actividades que lle permitiron conectar co mundo rural.  Así, por exemplo, fixeron pan e decorárono ao seu estilo, somerxéronse na técnica do reciclado de papel, montaron nun carro guiado por un burro, acariciaron e colleron diversidade de animais e… ata alimentaron a unhas cantas ovellas que estaban famentas!
Despois destas actividades e de encher o estómago, os monitores e monitoras que traballaban na aldea invitáronos a particiar nunha serie de xogos populares, nos cales os nenos e nenas disfrutaron e conectaron coas épocas pasadas.
Como mostra do ben que o pasamos, deixámosvos as fotos deste día tan marabilloso.






Galería.

lunes, 21 de mayo de 2018

Día das Letras Galegas.




O martes, 16 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas dedicado a Mª Victoria Moreno. Con motivo desta celebración realizamos o 6º Circuíto Lúdico - Lector no que participaron O Ceip San Martiño de Vilariño de Conso, O Ceip Ávila Bustillo  da Veiga e o Ceip Bibei de Viana do Bolo.


Este ano celebramos o Circuíto en Vilariño de Conso, nun entorno natural fermosísimo. Alí o alumnado e o profesorado disfrutamos dunha chea de obradoiros relacionados coa temática da Música Tradicional e, como non, outros dedicados  a nosa escritora homenaxeada Mª Victoria Moreno.

Unha vez rematados os obradoiros disfrutamos da representación dunha obra de teatro titulada  " Díxoo Thais, e non se fale máis ".

Para rematar xantamos todos xuntos  no campo de fútbol á sombra das árbores xa que tivemos un día espléndido.

Moitas grazas a todos pola vosa axuda e colaboración.                                                                           
Ata o próximo circuíto!!!!!!





 Galería de fotos.







miércoles, 21 de marzo de 2018

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA





O Mércores 21 de Marzo realizouse no Ceip Bibei o Proxecto “Ponlle as pilas ao teu bocata”. Este pretende dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas do mar, incidindo así en hábitos de consumo alimentarios saudables.
Ter unha dieta rica e equilibrada é fundamental para crecer. Levar unha alimentación adecuada, completa e variada dá a enerxía necesaria para facer o que máis lles guste durante o día.

As especies mariñas en conserva, xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais, cereais, lácteos… servironlles para elaborar os seus propios bocatas! Experimentaron con todas as combinacións que se lle ocorreron, e gozaron de infinidade de sabores que lles achegaron todos os beneficios enerxéticos que necesitan para crecer sans e fortes!



   
                                                             Preme na imaxe




viernes, 16 de marzo de 2018

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR





O día 16 de Marzo levouse a cabo no Ceip Bibei o proxecto “O sabor da aventura está no mar”. O Obxectivo desta campaña centrouse en lle transmitir ao alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria a importancia do peixe e o marisco na dieta, en relación coas súas achegas nutritivas, e fomentar o seu consumo. Ademais afondaron no coñecemento das especies e o papel das persoas consumidoras á hora de preservar os recursos do mar e na posta en valor das profesións do mar.





Preme na imaxe para ver máis.         

miércoles, 14 de marzo de 2018

Obradoiro Educación Infantil

 


                          Divertíndonos no obradoiro do mércores. Pintando sen mans!!!

                           

                         Preme na imaxe para ver máis.

miércoles, 21 de febrero de 2018

Día Internacional contra o Cancro Infantil


     O Ceip Bibei colaborou coa asociación "Bicos de Papel". Unha asociación que ten a razón de ser na axuda prestada aos nenos e nenas oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
    Pedíronnos para darlle visibilidade a esta enfermidade e sobre todo unha mostra de apoio aos cativos e as súas familias,  facer no patio do colexio un gran lazo de cor dourada, xa que, é a cor contra o cancro infantil.
    Deixámosvos a nosa pequena aportación a esta asociación. Gracias polo gran traballo que facedes.





lunes, 19 de febrero de 2018

miércoles, 31 de enero de 2018

Xa chegou o Entroido


    Hoxe no colexio Bibei
    o Entroido vai empezar.
    Que toquen aixadas e bombos!
    Que repeniquen sen parar!

                   

Día da Paz 30 de xaneiro


       Actividades Día da Paz.



Preme na foto para ir a galería







Saída ao cine

   O luns disfrutamos dunha xornada de cine na Casa da Cultura de O Barco de  Valdeorras. A película titulàbase “ Ferdinand” . Tivemos  a sorte de  coñecer a un toro pacífico e simpàtico cun gran corazón  que intenta evitar o seu violento destino a través da amizade. Aproveitamos esta saída como actividade motivadora para a celebración do Día da Paz.

                                                       Preme para ver as fotos.



lunes, 22 de enero de 2018

OBRADOIRO DE XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS.



       

  O alumnado de 6º ven de participar nun obradoiro de xogos populares e tradicionais organizados pola Deputación de Ourense e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo. Foron dúas sesións nas que ademáis de disfrutar, aprenderon o valor da cultura tradicional e do xogo cooperativo a través de xogos bailados, ou outros tan tradicionais como as tabas, "Don Pedrón" e "O anel ou o furón".


   



miércoles, 3 de enero de 2018

Postais de Nadal.

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega , un ano máis, queremos dar as grazas aos alumnos e alumnas de Educación Infantil e Educación Primaria pola calidade e creatividade na composición das Postais de Nadal.

Unha aperta  para todos. Bo Nadal!!!!!