miércoles, 21 de marzo de 2018

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA





O Mércores 21 de Marzo realizouse no Ceip Bibei o Proxecto “Ponlle as pilas ao teu bocata”. Este pretende dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas do mar, incidindo así en hábitos de consumo alimentarios saudables.
Ter unha dieta rica e equilibrada é fundamental para crecer. Levar unha alimentación adecuada, completa e variada dá a enerxía necesaria para facer o que máis lles guste durante o día.

As especies mariñas en conserva, xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais, cereais, lácteos… servironlles para elaborar os seus propios bocatas! Experimentaron con todas as combinacións que se lle ocorreron, e gozaron de infinidade de sabores que lles achegaron todos os beneficios enerxéticos que necesitan para crecer sans e fortes!



   
                                                             Preme na imaxe




No hay comentarios:

Publicar un comentario