lunes, 25 de noviembre de 2019

Taller de primeros auxilios.



Taller de primeiros auxilios: Pupas, sustos y otros disgustos.

O alumnado de 3º e 4º participaron na actividade de primeiros auxilios levada a cabo por profesionais de enfermería pertencentes á Xerencia de  Xestión Integrada de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras. A finalidade da actividade é que os nenos e nenas adquiran nocións básicas de primeiros auxilios a través da práctica e  o xogo.
 Nos obradoiros,  partindo do xogo e a práctica, o alumnado aprendeu  a enfrontarse a situacións da vida cotiá como:  Curar feridas,  tratar unha queimadura, por unha venda,  facer un masaxe cardiaco, medir a temperatura, colocar a unha persoa na posición de seguridade despois dun accidente,  etc…
A actividade, na súa totalidade,  resultou moi motivadora, interesante e útil para todos.  Queremos dar as grazas e felicitar ás enfermeiras e ao enfermeiro, que impartiron os obradoiros, pola súa implicación e entusiasmo cos nenos e nenas  nas actividades e a boa disposición durante todo o tempo .




           
                           
         







jueves, 21 de noviembre de 2019

Videoconferencia desde a Estación Biolóxica de Doñana.



O día 5 de novembro  de  2019 o alumnado de 3º  e 4º de primaria como consecuencia de desenvolver  un proxecto sobre as abellas, tivo a  honra de recibir unha videoconferencia por Skype  de case unha hora,  dende o Parque Nacional de Doñana a cargo de D. Ignasi Bartomeus, investigador e científico  do Consello Superior de Investigacións Científicas  e considerado  actualmente como  o experto máis importante sobre as abellas en España. Explicounos varias cousas sobre as abellas silvestres as súas  semellanzas e diferenzas coas abellas do mel,  a súa importancia como axentes polinizadores e de mantemento do equilibrio do ecosistema, e tamén o  impacto do cambio climático, enfermedades e pesticidas  que están diezmando as poboacións de abellas. Finalmente recomendounos sementar plantas e flores no noso xardín  para que non desaparezan as abellas.
Foi una videoconferencia moi dinámica, amena e interesante  que despertou  no alumnado moita curiosidade e motivación.
Queremos darlle as grazas desde o noso blog ao investigador da estación biolóxica de Doñana  e profesor D.  Ignasi Bartomeus por compartir connosco a súa sabedoría que é moita  e o seu tempo de forma solidaria con esta videoconferencia. Oxalá houbera máis oportunidades de contar con expertos disa categoría que tanto poden aportar ao noso alumnado!!



       


 Consuelo Losada - Titora de cuarto

miércoles, 13 de noviembre de 2019

Magosto

 

                                                  Magosto no Ceip Bibei!!!