lunes, 25 de noviembre de 2019

Taller de primeros auxilios.



Taller de primeiros auxilios: Pupas, sustos y otros disgustos.

O alumnado de 3º e 4º participaron na actividade de primeiros auxilios levada a cabo por profesionais de enfermería pertencentes á Xerencia de  Xestión Integrada de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras. A finalidade da actividade é que os nenos e nenas adquiran nocións básicas de primeiros auxilios a través da práctica e  o xogo.
 Nos obradoiros,  partindo do xogo e a práctica, o alumnado aprendeu  a enfrontarse a situacións da vida cotiá como:  Curar feridas,  tratar unha queimadura, por unha venda,  facer un masaxe cardiaco, medir a temperatura, colocar a unha persoa na posición de seguridade despois dun accidente,  etc…
A actividade, na súa totalidade,  resultou moi motivadora, interesante e útil para todos.  Queremos dar as grazas e felicitar ás enfermeiras e ao enfermeiro, que impartiron os obradoiros, pola súa implicación e entusiasmo cos nenos e nenas  nas actividades e a boa disposición durante todo o tempo .




           
                           
         







No hay comentarios:

Publicar un comentario