miércoles, 30 de octubre de 2019

PREPARANDO O SAMAÍN


Os maiores do colexio prepararon unha coreografía coa canción "O Samaín" de Uxía Lambona e a Banda Molona para ensiñarlla aos demais cursos. Mirade que ben o fixeron!








miércoles, 23 de octubre de 2019

Charla sobre a apicultura.


O venres, día 18, o alumnado de terceiro e cuarto recibiron a visita de Xulio, pai dunha alumna de terceiro, Marinha, para falarnos sobre o seu traballo como apicultor .  Xulio  trouxo  unha colmea chea de sorpresas! Explicounos como viven as abellas; as partes dunha colmea e a súa función; como elaboran as abellas o mel nas colmeas e;  como extraen os apicultores o mel.                                                                                                        Os nenos e nenas puideron probar o traxe e observar o afumador que empregan para traballar preto das abellas; probaron o pole que é extraido duns saquiños das patas das abellas cando entran nas colmeas.  Ficamos abraiados con tódalas cousas que aprendemos!                                      Xulio  falounos das enfermidades que na actualidade poden por en perigo a vida da colmea e da necesidade de coidar o noso  entorno para protexer o seu habitat.
Queremos darlle as grazas a Xulio por compartir connosco o seu tempo e axudarnos a coñecer un pouquiño mellor a súa labor como apicultor e a importancia de valorar os recursos que temos ao noso alcance.

       







            



 .