O
martes o alumnado de sexto de primaria achegouse ao IES Carlos Casares para celebrar a Feira
das Ciencias e ter un día de convivencia
no centro cos futuros compañeiros e profesores.
Participaron
na Feira das Ciencias , xunto cos alumnos da Veiga, Vilariño e A Gudiña, cos seus experimentos científicos; percorreron
as distintas instalacións do centro; e foron informados das diferentes actividades,
actos , excursións, etc.. polos alumnos de 1º da ESO.
Asistiron
a unha conferencia sobre o cerebro impartida polo gran comunicador Xurxo Mariño , biólogo especializado en
neurociencia.
Moitas grazas aos profesores pola súa amabilidade
e a súa acollida aos futuros alumnos de primeiro da ESO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario