sábado, 1 de junio de 2019

Día das letras galegas: Antón Fraguas.




Circuíto Lúdico - lector.

 O 16 de maio celebramos “  O día das letras galegas “  no Ceip Eduardo Ávila Bustillo da Veiga. Participamos, no circuíto lúdico - lector , o Ceip Bibei, o Ceip San Martiño e o Ceip Eduardo A. Bustillo.
O tema escollido para a realización do circuíto foi “ As nosas lendas “. Recollimos lendas dos tres concellos para elaborar as actividades e os xogos dos obradoiros e tamén traballamos a vida e obras do autor agasallado, Antón Fraguas. Algúns dos obradoiros nos que os alumnos e alumnas participaron foron : “Os escornabots “, “ Que medre a lingua “, “ A pesca das lendas “, “ A xoiaría “ , “ Quen sabe máis …” ,  “As tres en liña “, “ Recordando a Veiga “, etc…  Unha morea de actividades de carácter lúdico para que o alumnado puidera desfrutar e aprender ao mesmo tempo.
Para rematar o evento contamos coa actuación do  Mago Rafa que asombrou a grandes e pequenos cos seus trucos onde a imaxinación, ilusión e fantasía foron os ingredientes principais.

Dende o EDL queremos dar as grazas  a todos os compañeiros/as  e alumnado pola súa colaboración e entusiasmo  na realización do circuíto lúdico – lector.

Quen sabe máis de ...?

Os escornabots

O Mago Rafa






No hay comentarios:

Publicar un comentario