domingo, 18 de junio de 2017

Saída a Segovia e Madrid

VISITA LÚDICA E CULTURAL AS CIDADES DE MADRID E SEGOVIA

O alumnado de 4º, 5º e  6º  de primaria  realizamos a nosa   excursión de fin  de curso durante tres días  as cidades de  Segovia  e Madrid acompañados de catro mestres. Foi unha ledicia   percorrer andando  a fermosa e histórica cidade de Segovia  na que puidemos  observar  coa axuda dun estupendo guía turístico  o  impresionante acueducto romano, o barrio xudeo, grandes casas  señoriais con  escudos, esculturas en rúas e prazas,  a catedral, o antigo  cárcere, o Alcázar,  os xardíns  de Fernando VII;  para rematar na Alameda da Fuencisla onde comemos xunto ao río Eresma, lugar este no que a natureza mestúrase, coa historia, tradicións e cultura nun impresionante marco natural. Os seguintes días en Madrid visitamos  o centro da cidade cheo de  emblemáticos lugares como a Porta do Sol, Praza Maior, Praza de Isabel II, Palacio Real, a Almudena etc...  que representan o Madrid clásico. O segundo día  estivemos disfrutando do parque de atraccións  e o último  día non puido ser mellor visitando  o  zoolóxico no cal asistimos a tres exhibicións e contemplamos toda a flora e fauna do zoolóxico. Para ver o  ben que o pasamos na nosa excursión entrade na galeria de fotos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario